A miña praza preferida



Era a miña praza preferida para sentarme a mirar como xogaban os nenos. Era a miña praza preferida. Había algunha máis no pobo, pero aquela era ampla, tiña moitos bancos onde sentar e árbores que daban unha sombra que era de agradecer neste caloroso mes de agosto. 

Alí sentado, vendo como as pelotas fuxían daqueles ansiosos xogadores de poucos anos, vendo como as bicicletas máis que rodar parecían que voaban, veume á memoria como fora a miña nenez en Taboadela 

Mirando atrás, a un custáballe crer que o meu pobo cambiase tanto. Lembro, facía xa tanto anos, o peqeno que fomos. Fomos un pobo pequeno con poucos veciños, pequeno en aspiracións, todos nos coñeciamos. De feito lembro como todos, ou case todos, á hora da misa celebrada por Don Pio, nos acomodabamos nos bancos da igrexa de San Miguel. Que tempos aqueles. 

Pero iso pasou hai moito tempo, era outro século. Foi coa chegada do novo cando todo cambiou. Recordo como a principios do século XXI un novo goberno no país cambiou algunhas regras que afectaron á maneira de xestionar as administracións locais, os concellos. A terra e a súa ordenación era cousa de alcaldes. 

O certo é que por aquel entón tiñamos un alcalde que viña da epoca do ditador. Era un home de ideas fixas, pero algo cambiou na súa maneira de ver as cousas e de ver o futuro do pobo. 

Lembro que cando por todos lados comezáronse a construír máis pisos, conxuntos residenciais, máis...e máis. Aquí as cousas seguiron outro ritmo. Un máis pausado, máis lento, mellor. 


Lembro como no 2008 aprobouse un Plan de Urbanismo que permitiu deseñar o pobo que hoxe temos, que hoxe gozamos 

Cualificouse como zona urbanizable toda a zona da Veiga e a zona que discorre paralela á estrada nacional. 

Os construtores, que estaban impacientes por levantar as súas vivendas presentáronse ansiosos. Deixóuselles construír, iso si mantendo un mínimo de orde, de rigor e respecto polo noso pobo, polo seu contorno. O caso é que a xente foi comprando vivendas. Primeiro a xente nova do pobo e despois xente que buscaba escapar dos carísimos pisos da capital, os que traballaban no Polígono ou os que buscaban achegarse a natureza sen prescindir das vantaxes de ter a capital a escasos minutos 

Aquilo foi tomando corpo. As primeiras vivendas deron paso a algunhas outras máis. 

Comezamos a ter novos veciños, algúns deles xa era mesmo dificil lembrar o seu nome. 

Viñeron nenos que ían aumentando o censo municipal. Por aquel entón disputabamos co barrio da Valenza en crecemento da poblacion. 

Aqueles afastados tempos do Villalón foron substituídos polo autobus "urbano" a raiz dun acordo cos concellos de Ourense, San Cibrao das Viñas e Allariz. 

Lembroo cando o Centro de Saúde tivo que aumentarse á conta de ocupar os terreos da escola infantil. Esta situouse un pouco máis cara ao norte, moi preto das vivendas e en plena praza. Os berros dos críos ouvíanse todas as mañás ás 10:00, o mesmo que o balbordo dos pais e os seus coches cando os traían. Había máis cafetarías, comercios, librarías,... 

As novas casas e as súas xentes obrigaran" a que as casas tradicionais do nucleo urbano restaurásense. Era unha gozada ver aquelas casas lucindo novamente, con xente ocupandolas, as rúas empedradas e... un paseo que ía desde a Praza do Axutamento até o Miradoiro de San Xoán e a ponte do AVE que cruzaba a antiga estrada nacional, pola zona que discorre entre Meson de Calvos e Santa Leocadia antes de ocultarse no túnel de Rante 

Foron bos anos, anos onde se apostou por Taboadela e polos seus veciños. Grazas aquilo hoxe podo sentarme nesta praza e gozar do meu pobo. O mellor pobo de Ourense

Comentarios