Apiano e o pequeno dragón



Nin os mais vellos lembran aquela historia. Os séculos pasaron e atrás quedaron aqueles momentos de valor e de misterio 

Hai moitos anos atrás, anos onde a natureza era a dominadora do mundo e onde os homes e mulleres eran bonecos en mans do destino, había un lugar situado ao sur do caudaloso rio Minius, un lugar situado aos pés de dúas montañas, unha mais alta e outra de menos altura onde pasaron cousas estrañas. Dominadas por ambas xurdía un gran val que se vestía de grandes soutos e por onde os corzos, os jabalíes, os lobos e outros moitos animais vagaba libremente. Era un precioso lugar onde as perdices e os bufos encargábanse de porlle voz. 

Por aquel entón existía unha pequena poboación no Castro dá Atalaia que vivían das castañas que recollían nos inmensos soutos, dunha agricultura moi elemental e do pastoreo. 

O caso é que unha tarde os habitantes do castro celebraban un acto na honra do deus Reve e deusa Nabia. Todos achegaran algo para a celebración. E alí na praza da aldea, unha gran fogueira era a causa pola que o cheiro a carne de porco, de cordeiro e, sobre todo, de chibo propagásese por toda a zona. Os vellos da aldea estaban sentados á porta de unha das vivendas, sentados sobre un longo e irregular bloque de pedra, coas súas vestimentas de liño e cubertos de grosas mantas de la pois era o mes de maio e, á posta de sol, o frío aínda se faia notar. 

Alí estaban todos os membros do clan, os homes bebían zythos mentres, en grupos, comentaban sobre o estado dos seus cultivos, dos seus animais, ... As mulleres encargábanse de que a comida chegase a unhas grandes mesas situadas no centro da praza, se encargagan da bebida, de estar pendente dos críos mais pequenos,.... 

Nesas estaban na aldea cando unha das mulleres, no medio de todo aquel balbordo, chamaba a berros polo seu fillo 

¡¡¡ Apiano, Apiano,.....!!! 

Varios do home e a maioría das mulleres achegáronse ata onde ela estaba, para coñecer que é o que estaba a ocorrer. A muller que mostraba un nerviosismo evidente era unha moza nova, cun rostro limpo e preocupado. Contoulle a todos que ese mesmo dia pola mañá mandara ao seu fillo cunhas ovellas a pastar á zona que esta un pouco mais abaixo da aldea, aos pés da mais pequena das montañas. 

Aquela era unha zona con certa maxia para as xentes da aldea. Naquel lugar destacaba un pequeno alto que gardaba unha "cama de pedra" onde se marcaba a figura dun misterioso dormente. Na aldea dicíase que aquela era a cama do "señor do lume" un vello de barba longa e gris que roldaba os bosques, os regatos, os vales,... e, que moitos dicían, sempre ía acompañado por un pequeno dragón 

Esa historia era unha historia vella e adoitaban contarlla aos nenos para que non roldasen lugares moi afastados da aldea 

O caso é que a muller, preocupada pola tardanza do seu fillo, dixo que ía buscalo a pesar de que a noite cubría cunha pesada negrura até onde a vista podía alcanzar. O home máis ancián do pobo, que axudándose dun groso cayado, achegouse á muller e agarrándoa da man díxolle que tivese fe na deusa Nabia, deusa das augas e dos vales, que seguramente estaría a coidar do seu amado Apiano e que era mellor que fose durmir e que ao amencer do dia seguinte sairían con ela a buscar ao seu fillo 

A muller e o resto da xente da aldea foise a durmir, despois de comer pero sen celebrar a romaría que tiñan previsto. Todos se foron ás súas camas acompañados da dor daquela nai e do baleiro que acompañaria a Apiano pero co firme propósito de, pola mañá moi cedo, saír na procura do crío 

A unha distancia infinita, se a medimos desde a dor dunha ausencia, atopábase Apiano. Leste estaba moi canso e asustado. Habia pasado moito tempo desde que salira da aldea coas sus tres ovellas cara ás zonas de pasto. 

Fora uns poucos segundos os que se despistou mirando unhas ardillas saltando de rama en rama . Fora apenas un nada de tempo o que levantara a mirada cara ás copas das árbores e que lle supuxo non saber onde se meteron as súas ovellas. 

Empezou a dar voltas coa esperanza que estivesen detrás dalgunha matogueira, detrás dalgunha árbore,...non podían atoparse moi lonxe. Era imposible, non podían desaparecer. E non podía volver á aldea sen elas 

Estivo a dar voltas e voltas ata que se perdeu. Esgotado, quedou durmido ao abrigo de dúas pedras. Dormiu toda esa noite á intemperie. Aniñado e tapado cunhas cantas follas e ramas 

Amenceu e Apiano notou a calor dos raios de sol sobre a súa cara. Era temperán, moito, e tiña o corpo entumecido pola humidade da noite e por pasar aniñado no chan toda a noite. Aquel madrugador sol acariñáballe a cara con delicadeza, cunha firme e reconfortante delicadeza. Apiano entreabriu levemente os ollos e puido ver, ao contraluz, a figura dun ancián, que sen moverse, mirábao en silencio e sobre o que revoloteaba algo que non puido identificar. 

Estas ben mozo? , escóitolle dicir 

Apiano volveu pechar os ollos e continuo durmindo un intre mais. 

Foi o son duns corvos o que expertou un poco mas tarde a Apiano. Levantouse, púxose de pé e estirouse mentres miraba a ambos os dous lados. Lembrou a sombra do vello e a estraña criatura que o sobrevoaba. Estaba seguro que fora un soño. Un soño 

Colleu o seu zurrón e unha pedra do chan á que tirar aos pesados corvos que estaban alí, fronte a él facendo ruído e pelexándose. Tíroulle a pedra e estes saíron voando asustados mentres deixaban ver un vulto de tea atado polo seu catro esquinas 

Agachouse e desatouno. Dentro había un motón de comida: pan de landra, tiras de carne de porco secas e afumadas e unhas castañas. Apiano, comeuno case que todo. Estaba famento. Deixo algunhas castañas que meteu no seu zurron e comenzou a camiñar en busca da súa aldea. As ovellas deunas por pérdidas. Estaba convencido que os lobos llas comeron. Comenzou a camiñar deixando o sol á súa esquerda. Non era consciente que avanzaba en direccion contaria. Cruzou un pequeno regato, evitou molestar a unha culebra a cal asomou a súa cabeza entre unha pequena chea de pedras, pasou moito calor, avanzou por aquelas recónditas paraxes, miraba cara adiante. 

Xa levaba un bo intre camiñando cando Apiano ouviu voces e os relinchos duns cabalos. Arrastrandose polo chan, sen facer ruído, puido achegarse o suficiente para ver un grupo de seis ou sete homes con lanzas que rodeaban unha gaiola. A escaso metros, atado a un carballo, xunto ás monturas, estaba un vello de barba gris. Apiano sintiu como o seu corazon comezaba a latexar máis rapido. Era o vello do soño. 

O crío pensou que debía de facer algo. Que debía axudar ao vello a escapar daqueles guerreiros vestidos, todos eles, cunha túnica que lle chegaba aos xeonllos, con armaduras e cunha espada ancha e curta colgando das súas cinturas. 

Apiano tivo unha idea. Volveu atrás, ao lugar onde vira á culebra e ás súas pequenas e numerosas crías. Sen medo foinas collendo e metendo no seu zurrón. Despois volveu onde estaban aqueles soldados, onde estaba o vello atado. Antes pintouse a cara con barro. 

Cando aquel grupo sentaron a comer, Apiano xa volverá. Estaba detrás dunhas matogueiras . Arrastrándose polo chan, sen facer ruído, achegouse aos cabalos e foinos soltando. Despois colleu o seu zurrón e déixoo aberto aos pés das monturas 

Regresando ao seu agacho, entre as matogueiras, quedou esperando a que o seu plan funcionase. Ao pouco tempo as culebras saíron desorientadas do seu peche ocasionando unha pequena estampida. Os cabalos asustados saíron correndo e o cinco soldados detrás tentando detelos 

Apiano cando viu que non había perigo algún correu cara ao vello. Co seu pequeno coitelo cortoulle a corda e agarrouno dunha man diciendole que o seguise. 

"Veña vello. Imos, imos,... antes de que volvan. Imos" 

Pero o vello barbudo, en cuxa mirada non habia nin medo nin présa, díxolle que lle esperase, que tiña que levar algo con él. O neno non entendia esa actitude. O home deuse a volta e dirixiuse cara á gaiola onde uns minutos antes rodeárona os soldados 

O neno, outra vez no seu agocho, viu como o home achegábase cara a el. Pero non viña só. 

Viña cun pequeno dragón. Un dragón 

O ancián alcanzou ao neno e, agarrandole da man, díxolle que o seguise e que non se asustase que non pasaba nada 

Estiveron a camiñar un bo intre. De súpeto o home sentou á sombra dunha árbore e sacou un anaco de pan dunha pequena bolsa que lle colgaba do seu cinto. Sen dicir nada lle ofreceu un pouco a Apiano mentres el tamén comía. Cando acabou preguntoulle que facía alí, por que estaba só, por que lle axudou a escapar. Pero o neno seguía calado 

E o dragón? - foi o que dixo Apiano cando se decidiu abrir a súa boca 

O dragón, que xa non estaba con eles, é o guardian desta terra. É o espiritu que sobrevoa estes bosques e que garda que todo se manteña en equilibrio. Que as árbores e os animais poidan vivir xuntos, pero tambien os homes e os espiritus. Polo menos asi era ata que apareceron eses guerreiros dos que me axudaches a fuxir 

E onde está agora? 

Non o sei, nunca o sei. Aparece e desaparece, dixo o ancián 

E se é tan poderoso. Por que non escapou do seu cativerio?. Por que non escapou dos soldados? 

Non o sei 

E o dragón poderame axudar a volver á miña aldea? 

Non o sei, volveu a dicir o ancián. Como se chama o teu pobo? 

Castro dá Atalaia, respondeu Apiano 

O ancián calou e díxolle que recollese, que seguirían camiñando non fóra que os soldados desen co seu rastro 

Estiveron a camiñar toda a xornada e cando estaba a piques de anoitecer viron como aquel pequeno dragón sobrevoaba sobre eles. De súpeto deixous caer e pasando a poucos metros da súa cabeza lanzou da súa boca unha gran labarada que rodeou aos soldados que perseguian ao vello e a Apiano sen que eles déranse conta. De súpeto aquela zona comezou a encherse de lume e de fume e dos lastimosos berros dos homes que vían como por todos os flancos atacáballes aquel pequeno dragón.

Aquilo acabou pronto, os soldados estaban no chan esnaquizados polo lume. De súpeto, o crío notou como a súa vista se nublaba e caíase ao chan. Cando volveo en se o neno estaba na súa palloza, xunto á súa nai 

Que pasou?, preguntou Apiano. A nai contoulle que depués de perderse, ela e outra xente da aldea estiveron a buscalo de maneira infrutuosa ata que viron unha columna de fume. Contoulle que cando chegaron alí atoparon unha gran fogueira e , felizmente, tamén o atoparon a el 

E os guerreiros queimados e o ancián e o dragón? perguntou Apiano cos ollos moi abertos 

Guerreiros, ancián, dragón? que dis meu neto? - repostou a a sua nas - Ali non había ninguén e moito menos dragons 

Anda descansa un pouco que estás esgotado 

A nai cubriu cunha grosa manta a Apiano e saíu da palloza. Estaba fronte á porta cando ouviu o balido dunhas ovellas. Estráñolle aquela chamada, foi mirar que pasaba. Camiñou un pouco e descubriu que xunto ao vello carballo estaban atadas tres ovellas, as tres ovillas perdidas por Apiano 

Despois de desatalas volveu á súa casa 

Cando estaba a chegar observou que algo estaba encima do tellado. Parecia un pequeno dragón que sobrevoaba a palloza. Fregou nos ollos. Volveu a mirar e viu que había algo alí arriba. Era unha figura, a figura de ferro dun pequeno dragón. 

A muller deixouno ali, encima de a súa casa. Coidándoa 

Cos anos Apiano medrou, chegou a ser un home importante na aldea, chegou a ser un sabio ancián ao que todos pedían consello e bendicións. A súa historia era coñecida por todos. Todos coñecian a historia de Apiano, do vello e do dragon. Todos sabían da figura de ferro que coroaba a súa casa, pero ninguén, nunca, habia visto o que habia visto Apiano 

Apiano morreu un día de primavera. O seu corpo, e a figura de ferro do dragón, foros levados até unha gran pira de madeira á que se prendeu lume. Aquel lume acabou con todo menos coa lenda do Apiano e a súa aventura co dragón. Desde entón aquel dragón coida que as aventuras, e as lendas, dos que se van, non se vaian con eles. 

Por iso no cemiterio de Taboadela, sobre una pequena construcción, á beira de onde descansan moitos homes e mulleres hai un pequeno dragón que vixía que nada se esqueza, que ninguén ande perdido só polo bosque

Comentarios