A tí...



Non sei se é ou non o momento de dirixirme a ti. Poida que nin sequera te pares a ler isto, pero vou tomarme uns minutos en contarche de que vai isto. 

Isto, esta páxina, non deixa de ser un pequeno entretemento que xurdiu, quizais, do aburrimento, do hartazgo e da curiosidade de probar até onde se podía chegar nesto das redes sociais 

E todo iso, todos eses motivos foron a base sobre o que empezou a construírse isto que hoxe se chama Taboadela, que vístese cunha T e que resultou ser o lugar onde algúns, moitos, falan do seu pobo. Polo tanto, son todas esas persoas as que dan sentido a que isto aínda siga e non se haxa ido a facer puñetas. Asimesmo, podrás darte conta o reconfortante que resulta todo esto. E moi reconfortante ver, ler como a xente relaciónase, como se atopa, como participa, como demostra que moita outra xente si está equivocada. E si nos critican ou insultan ...ainda nos fan ser mais conscientes do ben que o estamos a facer. Entenderás que sentirse orgullosos non e malo, non? 

Sígome dirixindo a ti para facerche ver que todos os que por aquí nos movemos podemos ter tanta razón como non tela, podemos discutir de moitos temas sen que ter que rebaixarnos. Sin faltarnos ao respeto, ainda que poñamos “sovrada” con V. Todos somos iguais e todos somos distintos. Uns con máis anos e outros con menos, uns con máis estudos e outros máis estudados. Hainos que xa saben o que é a vida e outros que estan empezando a coñecela. Uns que teñen unha vista e uns dedos finos e outros mais patosos, incluso para darlle ao botón de apagado do móvil. Hai xente que le e escribe e outra que tamén o fai até onde poden, até onde saben ou até onde queren

Sígome dirixindo a ti para dicirche que isto tamén é teu, imos, se asi quérelo. Podes pasar e tomar o que che apeteza. Seguro que podrás contarnos historias que descoñecemos, seguro que até che podes sentar un intre. É máis comodo que quedar de pé na porta refunfuñando e mirando de esguello aos que estamos dentro. Se te fixas podras ver que todavia quedan cadeiras onde sentar 

A ti sígome dirixindo, para pedirche que nos fales, non nos berres que somos moi “delicados”, eso si, que utilizes este salón onde estamos xa uns cuantos para ensinarnos o que podes facer e mesmo no que podemos axudar. Estaríamos encantados que nos dixeras si vas ou non vas a facer festas, ou cando nos invitas a ir as piscinas, ou si lle queres contar a todos que “hoxe e un bo dia, que hoxe toca”,... vamos que podes contarnos o que ti queiras 

A ti sígome dirixindo para decirche que non representamos a ninguén nin a nada, só somos o resultado dun momento de aburrimento, de hartazgo e de curiosidade que nos levou a ser conscientes de onde somos. Somos boa xente, xente respectuosa. Somos xente de Taboadela... ainda que, por desgraza, non todos esteamos censados



Comentarios