Historia de Taboadela: Época prerromana


O Neolítico 

Os antecedentes máis remotos no tempo que echamos encol do que hoxe e a comarca da Rabeda remóntanse ao periodo Neolitico (6500 a 4800). Nesta etapa histórica o ser humano dedicábase ao desenvolvernento de actividades agrícola-pastoris, un medio de vida que viabilizou os novos hábitos sedentarios da poboación. Desta etapa A Rabeda conserva varios campos de mamoas ou dolmens -ningún deles no concello de Taboadela-., unha voluminosa construcción de carácter funerario que evidenciaba o excedente de tempo que aquela sociedade dedicaba a preparar os seus ritos postmortem. 

Os dolmens ou antas eran un tipo de tumbas colectivas autoafirmativas que constan dunha cámara funeraria á que se accede por medio dun corredor de dimensións variables. Ambos elementos, cámara e corredor, aparecen cubertos por unha ou varias lousas de fasquia plana e definidos por unha serie de lousas fincadas verticalmente -tamén denominadas ortostatos-de entre 1 e 1,5 m. de altura. Esta estructura pétrea era recuberta posteriormente con terra ata formar un túmulo que sobresaía entre 1.5 e 2 metros da ras do chan. Os dolmens situábanse en chans elevadas, o que é interpretado por algúns estudiosos como un desexo de achegar o finado a algunha das deidades do momento (o sol, a lúa, as estrelas...) Asemade os dolmens oriéntanse entre os 90 e os 120 graos, o que pode amosar unha intencionalidade representativa (a que persigue o itinerario solar dende que o astro “nace” polo leste ata que “morre” polo oeste, o que cabería interpretar como alegoría da vida humana). 

En rigor podemos dicir que este tipo de construccións é a máis antiga manifestación edilicia que conservamos hoxe en día. A pervivencia destes monumentos funerarios ata os nosos dias é un auténtica milagre artística e arquitectónica que deberia merecer o coidado máis esmerado e exquisito dos nosos contemporáneos, único medio disponible para poder legalo ás xeracións vindeiras 

O Calcolítico 

O periodo calcolítico (-2.200 a -1 800) constitúa de facto o periodo final do neolítico. Nesta altura ten lugar a aparición da cultura do vaso campanifonne, tan común a outros lugares do continente europeo. Este tipo de vasos e cazos construidos en barro vermello acostuman a posuir un escaso grosor (a penas 4 mm os menos finos), o que unicamente nos permite visualizar alguns exemplares previa reconstrucción dos seus elementos esnaquizados. 

Resulta curioso comprobar que non vai ser ata o tempo da Cultura Catrexa cando volvamos atopar restos cerámicos destas mesmas características, o que pode evidenciar algunha das xa apuntadas conexións culturais de carácter intemacional, moi ligadas á irrupción das primeiras metalurxias do cobre. 

A ldade do Bronce 

Entre os anos -1800 e 800 a.C. Europa asiste á consolidación da cultura hallstática que trae aparellada unha nova cultura metalúrxica asociada ao bronce. A desaparición da cultura funeraria neolítica - substituida por un modelo de enterramento individual tipo cista - xunto coa desaparición dos restos habitacionais, minimizan as posibilidades de coñecermos máis profundamente como era e como vivía o ser humano desta etapa histórica. Os historiadores especializados neste periodo suponen a continuación das actividades agricola-pastoris sedentarias xunto coa aparición dun incipiente comercio, tal e como evidencia o achado de elementos pertencentes á cultura meditenanea e continental. No caso de Galicia, o noso país fixa un intercambio e relación máis acusada co resto da fachada atlántica que cos demais pobos peninsulares. 

Os petroglifos son a fonte principal que se nos ofrece á hora de fornecer datos sobre cultua e as formas de vida destes homes e mulleres primitivos. Esta modalidade de inscultura prehistórica foi executada mediante tecnicas percusivas en innumerables laxas e penedos situados, por norma xeral, en espacios elevados. A escasa presencia de estacións rupestres en Taboadela, unha circunstancia frecuente en todo o Val da Rabeda, asi como nas demais comarcas orientais de Galicia, levannos a barallar dúas hipótesis: ou ben este territorio estivo moi escasamente poboado naquel tempo histórico, ou ben as ocupacións dos seus habitantes non coincidían coas dos coetáneos que habitaban o que hoxe é o sudoeste galego. Todos os indicios apuntan ao primeiro enunciado como conxetura máis probable e verosimil. Xa que logo o Petrogilfo de Rego Liñares, localizado nas proximidades da aldea de Ribó, e á beira do río do Mesón de Calvos, constitúe unha excepción destacable de grande valor patrimonial. 

A Idade do Ferro 

En torno ó século VIll a.C. chegan á peninsula distintas oleadas de pobos de orixe céltica procedentes do Mar Caspio que son portadores e conocedores dunha nova metalurxia: o ferro. Estes pobos fixan a súa residencia en distintos lugares do territorio que os romanos ían denominar, séculos despois, Gallaecia, asi como nas terras bañadas polo mar Cantábrico. Os poboados das Serras dos Ancares e O Cebreiro son fieis testemuñas de pervivencia estética de cultura castrexa -e variante autóctona da cultura celtica peninsuar- ainda nos nosos días; pero tamén os cultos relixiosos que outorgaban vida aos elementos da natureza (fontes, ríos. árbores, penedos...), ou mesmo o costume de acender lumes nas encrucilladas. a celebración da primavera e dos solsticios de verán, o culto ás animas... 

Mais o elemento de maior proxección histórica que transcendeu ata os nosos dias e quizais o asentamento castrexo. Por primeira vez na historia chegan a nós os restos de "arquitectura da vida" dun dos pobos que habitara Galicia. Os Castros foron os emprazamentos habitacionais desta peculiar civilización nórdica. O abandono das chairas e e colonización dos outeiros de «carácter máis estratéxico (preto de ríos e de amplas zonas de cultivo, ou incluso ao pe do mar) é o primeiro signo deste novo tempo histórico, onde ve a luz a primeira manifestación de urbanismo galaico. Os castros presentan dimensións desiguais que van dos 20 aos 500 m. de diámetro, sendo os 100 m. a extensión media común. A planta acostuma a ser oval ou alongada, sempre situada na croa dun monte, outeiro ou promontorio, e aparecia protexida por un ou máis muros defensivos perimetrais que daban paso e terrapléns nos que, en ocasións. se dispuñan os antecastros ou ampliacións do recinto central. 

O Castro de Boa Madre, situado entre os termos municipais de Taboadela e Allariz, é paradigma dos carácteres xerais desta modalidade de urbanismo primitivo: inexistencia dunha orde urbanística preestablecida, ausencia de construccións que presten servicios ao conxunto da comunidade, localización concentrada das vivendas formando “barrios” ou conxuntos diferenciados... Só nos castros máis avanzados, romanizados os máis deles, atopamos unha estructuración urbana básica, vivendas con pequenos vestíbulos, fornos e lareiras, e mesmo canalizacións e fontes de uso colectivo.

Comentarios