Historia de Taboadela: O Medievo



Ao decaer o Imperio Romano instaláronse os Suevos, despois dun pacto con Roma, os cales exerceron o goberno de toda Gallaecia convivindo co galaico-romanos no que sería a primeira monarquía da Península. 

Con posterioridade, alá polo ano 716 Abdelaziz, fillo de Muza, arrasou todo o territorio galego destruíndo multitude de cidades, entre elas Ourense. Moitas familias da nobreza visigoda, que fuxían das zonas de dominio musulmán, refuxiáronse nas novas terras conquistadas e que lles eran doadas polos reis Astor-leoneses, o mesmo que a bispos e monxes para que as explotasen. Desta maneira fóronse repoboando as terras, principalmente a beiras dos ríos Miño, Arnoia, Limia e Tamega. 

Dado que carecemos de calquera caste de resto datable neste periodo prerrománico situado entre os séculos V ao X d.C. - aquel que engloba á etapa sueva, visigoda, asturiana, asi como a denominada mozárabe ou de repoblación - vémonos na obriga de choutar ata os séculos XI, XII, XIII na procura de bens e elementos que nos permitan seguir o rastro da historia no termo municipal do que hoxe coñecemos como Taboadela. 

Os historiadores da arte sitúan no últimos anos do seculo XII a data de construcción dos templos románicos de San Xurxo da Touza e Santiago de Soutomaior , únicos ejemplos de arquitectura románica cos que conta Taboadela. A dobre arcada de medio punto que constitúe a porta de entrada, xunto coa estilizada ábside circular que define o leste do edificio, son algúns dos elementos máis relevantes da fábrica primigenia. Todos eles conviven armónicamente coa arte barroca que reinterpretou o edificio entre os séculos XVII e XVIII. Tamén de época románica foi, posiblemente, a sepultura atopada na parroquía de Soutomaior – ao parecer do século XIII- correspondente a un cabaleiro da Orde de Santiago na que se le: 


“E:M:C:…II:VR:IVLIECCE OMO IACE IN SPUL…ROIPNMNASO MENEDO SOI…” 


Outro dos elementos reveladores é a imaxe pertencente a Santiago da Rabeda que conta cunha imaxe románica de Santiago apóstolo, labrada en pedra, que formou parte da exposición mundial de arte románica celebrada en Barcelona no ano 1944. Outro aspecto relevante de Taboadela da Idade Media e a elevada fragmetación que experimentaron as parroquias que constitúen o municipio, resultado inequivoco da proliferación de xurisdiccións e señorios. Así as parroquias repartironse entre as xurisdiccións de Allariz, Figueiroá, Taboadela, Pereiro de Aguiar a Solbeira de Belmonte. Entre os señoríos que cobraban rendas contamos aos rexentados polo Marqués de Malpica, o Cabido de Ourense, o Duque de Medina de Rioseco e algúns particulares.

O Camiño de Santiago

Co descubrimento da tumba de Santiago, Compostela foi o foco espiritual e cultural de todo o noroeste peninsular, sendo numerosos os peregrinos que alí acudían e atravesaban a provincia procedente do Sur por Portelas de Canda e Padornelo ou pola conta do Támega

Taboadela atópase no tramo do Camino de Santiago que une Allariz coa cidade de Ourense. O camino procede da Augas Santas (Allariz), máis concretamente do Castro de Armea. Desde aquí, por un camino descendente e descoidado chégase a Abeledo, pasando antes preto da aldea de Outeiro de Laxe, que deixa á esquerda Santiago da Rabeda. É magoa que o estado de conservación deste treito, invadido por toxos e mato, prive de seguir pola antiga calzada romana, que ainda conserva o seu empedrado camino das Lombas de Santa Mariña, un dos percorridos singulares da xornada. 

Ao non existeren outros enlaces entre estes puntos da primitiva ruta, hai que buscar outra alternativa, dando un pequeno rodeo por Taboadela. En troques de coller o carreiro que sae fronte á igrexa de Santa Mariña de Augas Santas, tómase a estrada que discorre á esquerda daquel en dirección a Taboadela, sen esquecerse que a 1.5 km existe un desvío para visitar o Castro de Armea. Unha vez en Taboadela., collemos unha verea que arrinca tras a Casa Consistorial e a igrexa de San Miguel paralela a OU-320. Unha vez que chegamos a via férrea cruzamos por un paso elevado de pedra, e o río Taboadela por unha pontella. Ao cabo duns 45 minutos alcánzase A Venda Nova. Por unha pista asfaltada séguese rumbo a Calvos, xa no concello de San Cibráo das Viñas. 

De seguimos polo itinerario medieval, en Abeledo tómase un camiño que sae do medio do pobo ata encontrarse coa estrada que vén de Taboadela e que segue ata o cruce de Pereiras, desde onde se dirixe po unha estrada ata La Castellana, que continuará camiño ata Pontenoalla, camiño xa de San Cibrao das Viñas.

Comentarios