Historia de Taboadela: A Idade Moderna



Entre os séculos XV e XVIII o concello de Taboadela vive algún dos episodios historicos mais relevantes da sua existencia. No plano artístico, é entre os séculos XVII e XVIII, ten lugar a renovación ou mesmo a construcción da totatilad das igrexas parroquiais da vila (Santa María de Torán, Santiago da Rabeda, etc), dando un impulso neoclásico e barroco aos escasos monumentos de filiación romanica cos que conta o municipio.

O barroco, nado en ltalia a comezos de século XVII en plena cruzada contrarreforrnista, reviste vella arquitectura románica dos templos galegos para se presentar diante do pobo como garante da relixión verdadeira. A nova linguaxe arquitectónica parte do vocabulario clasicista para se decantar por unha sintaxe rompedora e sinuosa que gosta da elipse e da parábole, da hipérbole e das ilusións ópticas, da desproporción e da desmesura. Edificios como a igrexa de San Xurxo da Touza ou Santiago de Soutomaior amosan abertamente como os escasos recursos cos que contaba a parroquia invibilizaron -felizmente pare nós- a complela transformación do templo románico nun edificio barroco. Pola contra, Santa María de Torán ou Santiago da Rabede demostran de maneira nidia e meridiana os mellores valores no novo estilo. O campanario borrominesco do templo parroquial de San Miguel de Taboadela, construido no ano 1886, e semellante ao de San Bieito de Allariz. 

Na Idade Moderna tamén é posible datar parte da arquitectura civil mais destacable do municipio: a antiga Casa solariega de Mingarabeiza, que perteneceo aos propietarios da torre de Torán; o Pazo de Soutomaior, que foi propiedade do Marqués da San Sadurniño, ou a Casa dos Cid, situada no lugar de O Castro. Precisamente este aldea inda conserva tres escudos nobiliarios que recordan a elevada xerarquia social dos seus antigo moradores. Unha extraordinada adega de grande tamaño, fornos individuais en cada unha das casas, xunto con distintas portadas monumentais (algunhas delas vendidas e deslocalizadas) recordan que O Castro foi unha das aldeas máis notables ao longo da Idade Moderna. 

As Casas Rectorais de Taboadela, Santiago de Soutomaior, Santa María de Torán, San Xurxo da Touza ou Santiago da Rabeda, son todos eles conxuntos destacados polos seus valores arquitectónicos propios. Estes edificios son boas testemuñas do poder e o gran número de bens que acumulaban as clases dirixentes —neste caso, de caracter relixioso- en prexuizo das clases populares. Este sociedade estamental que caracterizaba á Galicia da Idade Moderna aparecía definida en dúas velocidades en función do ámbito espacial no que nos situemos. Asi, mentres nas vilas e cidades a organización gremial dos artesans acaparaba dereitos é bens que ata aquel momento só foran privilexio do señorio nobiliar ou eclesiastico, no rural – caso de Taboadela – as clases pudientes “case que no se diferenciaban e realengo en palabras do historiador Francisco Carballo 

Alguns estudiosos datan no seculo XV a construcción da coñecida Torre de Torán. Hoxe de propiedede particular e en moi mal estado de conservación, este torre e un dos monumenlos da provincia de Ourense mais necesitados dunha actuación urxente por parte da administración. De planta cadrada e grande amplitude interior, o acceso a torre faise a través dunha porta gorecida baixo un arco de descarga apuntado con timpano monolítico. A Torre de Torán conte con vadas saeteiras, así como cunha pequena e estreita ventá e algunhas troneiras, que se abren nun muro de perpiaño da modalidade de "opus vittatum”. As dimensións da torre acadan 11 metros de longo por máis de oito e medio de largo, e unhe altura de entre dezaoito e quince metros. Na década de 1940, segundo nos inforrna Olbes Duran, foi destruida a súa parte máis elevada para aproveitar os seus materiais en construccións privadas. 

A torre levántase nun lugar moi próximo ao camiño medieval que conducia a Castela, polo que cabe penser nun papel defensivo ligado a esta via de comunicación. Con todo entre os veciños do lugar permanecen vivas distintas lendas que falan do seu poboamento por "mouros" e romanos, asi como de túneles e corredores sotárregos que permitirían a fuga en caso de asedio. Desde o momento da súa construcción debeu ser unha torre exenta e, en calquera, caso non se conserva resto algún de murallas nin foxo. 

O longo do Antigo Réxime a distribución e dependencias de cada unha das parroquias de  Taboadela era a que segue (Xurisdicción - Parroquia - Señorío):

  • Allariz - Rabeda - Mosteieo de Melón. Orde de San Bernardo e Marqués de Malpica
  • Allariz - Taboadela - Marqués de Malpica
  • Mezquita - Mezquita - Conde de Monterrei
  • Sana Locaia e Pasadán - A Touza - Cabido de Ourense e dona Maria Niño
  • Soutomaior - Soutomaior - Marques de San Sadurmiño
  • Torán - Torán - Marqués de Val de Carzana

O pastoreo lanar (o Catastro de Ensenada, no 1752, fixa un elevado número de cabezas de gando lanar-cabrio, aproximadamente, un 11% do da coroa de Castela), xunto cos tradicionais aproveitamentos agro-forestais, foron o sustento principal da población residenciada no que hoxe é o termo municipal de Taboadela ao longo de todo o Antigo Réxime. O solo das comarcas galegas de interior estaba cultivado unicamente nun 11%, mentres que as masas forestais de frondosas (devesas reais de carballos e castiñeiros fundamentalmente) sufrían unha mingua permanente pola obriga de satisfacer os tributos aos soberanos de Castela. A extensión do millo a mediados do S. XVIII acada o 100% do territorio de toda a Galicia litoral, penetrando ata os vales máis occidentais de Ourense.

Os curtidores e teceláns eran, xunto con labregos e gandeiros os oficios mái comúns no Val da Rabede tal e como apunta o historiador e economista Xoán Carmona. En torno á vila de Allariz emprazáronse numerosas fábricas dedicadas ao curtido e transformación do coiro, o que derivou nunha especialización e revalorización do traballo artesanal vilego mercé ao aumento progresivo das rendas obtidas.

Comentarios