Historia de Taboadela: A Idade Contemporánea



A incorporación de novas terras ao cultivo, a implantación masiva dos cereales e tubérculos americanos (millo e pataca fundamentalmente), xunto coa expansión daquelas actividades artesanais complementerias da pesca e agroganderia (artesanado de teceláns, calafates, ferreiros, carpinteiros, canteiros, xastres...) marca a nova xeira económica que ten comezo entre os séculos XVIII e XIX. Nesta etapa refórzase o modelo de asentemento sobre o tenitorio propio dos vales do interior, baseado na concentración poboacional entomo a núcleos de vivendas exentes ou entre medianeiras que se dispoñen a ambos lados dun rueiro estreito que únicamente da lugar a espacios amplos e proclives ao encontro nas ancrucilladas, nos quinteiros e nos adros parroquiais. 

As aldeas ou lugares de Taboadela englóbanse dentro do que Otero Pedrayo, Georg Niemeier e Fariña Tojo denominaron “pobo integrados só por casas para a xente, que desprazaron ao campo as edificaciónns de uso agrícola”. Efectivamente, o hábitat concentrado que caracteriza os 38 nucleos de poboacion de Taboadela fai que as distintas construcciónns habitacionais se presenten unidad entre medianeiras ao longo dunha rede de rúas. Estas aldeas pertencen ao que Niemeier describiu como “aldeas pechada con vilar claro”, por ser posible atopar hortas, patios e currais anexos á vivenda. Este modelo de ocupación territorial foi o caracteristico de noso país na Idade Media, polo que non é un risco da contemporaneidade. A producción máis relevante de Taboadela nos últimos séculos ten no millo, o centeo, as patacas, castañas, algún trigo, herba e pouco viño, -de escasa calidade- como principais cultivos. 

Destas terras escribia Vicente Risco: “en xeral non ten fama de rica aquela terra, e é de tales condicións que o refrán reza: Anada na Rebeda, fame en toda a terra”. No século XIX non había máis industrias que "as rurais o pequenas tendas e tabernas", ademais dunha feira, dedicada a Santa Locadia, que tiña lugar a día 10 de cada mes na parroquia de San Xurxo da Touza. 

Os principias camiños decimonónicos do concello de Taboadela eran a estrada Villacastín-Vigo, que atravesa o termo municipal de norte a sur, cruzando o río Barbaña preto de Calvos, a capital do concello, e, despois de moitas curvas, chega ao Outeiro de Boa Madre, onde Taboadela limita con Allariz. O camiño que vai de A Merca a Maceda cruza o municipio de oeste a leste. Existía naquel entón outro que ía de Venta Nova a Taboadela, e logo por A Cal, Folgoso e Coira, i empalmaba preto de Allariz co que desta vila comunicaba con Santa Mariña de Augas Santas 

Ao longo do primeiro tercio do século XIX, o actual concello de Taboadela estaba constituido polos concellos constitucionais da Touza e A Rabeda, ambos os dous pertencentes ao partido de Maceda da Limia. Era precisamente este último o máis populoso e productivo, á vista do repartimento da contribución de consumos dictada o 28 de octubro dee 1822. Tal e como afirma Fariña Jamardo "en realidade o axuntamento da Rabeda, que lle poñen tamén Augasantas, comprendía es parroquias de Augasantas, Taboadela, Coucieiro e Rabeda. O da Touza, as de Touza e Torán, e as parroquias que faltan de Soutomaior e a Mezquita, pertencían o axuntamento de Queíroanes, xunto con outras” 

O Concello de Taboadela pasou, con motivo da reforna xudicial de 1834, do partido xudicial de Maceda de Limia ao de Allariz, ao que pertence efectivamente xa no ano 1835. A nova relación de concellos pertencentes ao partido xudicial de Allariz figura no BOP n° 52 do 1 de xullo de 1836, e nela aparece o concello ae Taboadela da forma actual, cunha excepción, a parroquia de Mesón de Calvos, que foi creada polo bispo de Ourense no ano 1953, e segregada de San Xurxo da Touza. No que respecta parroquia da Mezquita, esta aparece compartida co concello da Merca, que ten a súa maior parte, e que como tal parroquia xa figuraba no Censo de Floridablanca 

A poboación de Taboadela foi aumentando tímidamente desde o ano 1845 (2.828 habitantes) a 1920 (3.234 habitantes), sufrindo un aumento do 8% desta data ata a década de 1980. Desde entón, e ata os nosos días, un devatar continuo e progresivo. A emigración a América e 

Lisboa golpeou fortemente a toda a poboación galega, sobre de todo ao longo de todo o seculo XIX, cando Galicia experimente un vertiginoso crecemento demográfico que non foi correspondido cun aumento proporcional de renda dispoñible. A principios do século pasado as autoridades calculaban que saían do concello uns 100 habitantes , regresando entre 40 e 50. No censo de 1991 Taboadela figura cunha población de dereito de habitantes, o que supón unha caída poboacional brutal sen precedentes na sua historia recente 

A aparición de novas técnicas e utensilios para o labrado das terras palian insuficientemente a crise do sistema económico capitalista no interior de Galicia, o que provoca e emigración transoceánica masiva. Isto derivará no xurdimento dunha incipiente burguesia que xe abrollara a finais do XIX cando a redención foral de 1873, impulsando definitivameme o reequilibrio na distribución de rendas agrarias en favor das clases traballadoras. Aquí empeza definitivamenle o devalar incesante das clases rendistas, entre elas a Igrexa. O acceso definitivo dos labregos á propiedade de terra -defendida por Murguía, Montero Ríos, Vicenti...- provoca o asociacionismo labrego na práctica totalidade de parroquias do país, propiciando a sua sindicación e participación política masiva, un reforzamento da conciencia cívica que non coñecera e sociedade galega dende había séculos. 

O Concello estaba constituido no século XIX por doce concelleiros, e tiña un orzamento de 19.640 pesetas. A mediados do sécuto XIX contaba con dúas escolas, unha en Taboadela e outra na Touza, frecuentada por un número indeterminado de nenos/as. Xa na primeira metade do século XX o concello poseía sete escolas "nacionales”, tres mixtas en Toran, Rabeda e Soutomaior, e dúas unitaries de nenos e nenas en A Touza e Taboadela. Na década de 1980 eran dous os centros de preescolar e EXB que existían no municipio. Un total de dous mestres atendían un total de 37 alumnos e alumnas. 

No primeiro cuarto do século XIX servía o correo a cartería de A Zainza (Mesón de Calvos, parroquia da Touza), «da que saían peóns a San Miguel de Taboadela, Santa María de Torán e Cantoña (Paderne)”. 

Naquel entón prestaba servizo a Garda Civil nos postos de Mezquita e Allariz. Nese mesmo século foron levantadas as vivendas máis senlleiras da aldea de Abeledo, que é atravesada polo Camiño de Santiago, o que puido influir no enriquecemento dalgúns dos seus habitantes 

No que respecta ós patronazgos relixiosos, o Marques de Valdecarzana patrocinaba a igrexa de Santiago da Rebeda. O marques de San Sadurniño facia o propio co templo de Santiago de Soutomaior, e o Conde de Maceda con Sta María de Torán. 

O actual lavadoiro cuberto do núcleo de Taboadela, situado moi cerca da igrexa Parroquial de San Miguel, parece ser que formou parle dunha primitiva capela que aínda leva a advocación de San Caetano. 

A dictadura franquista (1939-1975) supuxo, ao igual que en todo o Estado, unha nefasta experiencia social, cívica e cultural para Galicia, deslabazando os avances acadados nos anos ocupados pola primeira e segunda República. 

Co remate da dictadura de Franco , e a chegada da democrácia, iniciaronse uns procesos que levarían a una evidente mellora a nivel social e politico en todo o país e, por suposto, no concello de Taboadela. Deixamos atrás, como derradeiro alcalde do réxime a Don Fernando Fernández Almuiña y deuse a benvida, froito dunhas eleccions municipais, a Don Manuel Galego Vila, o cal ainda segue a dia de hoxe dirixindo de devenir no concello de Taboadela

O século XX, e moi especialmente a partir da decada de 1930, observou unha mingua progresiva de poboación de todo o Val da Rebeda, mercé á emigración a Europa e a concentración de poboacion nas cidades (Ourense e Vigo no caso de Taboadela). 

Nas últimas décadas, e a titulo indicativo do devalar económico do municipio, Taboadela contaba con 1.101 cabezas de porcino, 350 de ovino, 750 de bovino (396 vacas de muxido), 24 establecementos industriais e de construcción que empregaban a un total de 87 persoas; o Concello outorgara 21 licencias de apertura para locais comerciais. 

No abrente do terceiro milenio Taboadela ainda segue sen desenvolver todas as suas potencialidades en materia social a económica. A industrialización de primeiros do século XX primeiro, e a derivada do desarrollismo franquista despois (decada de 1960 en diante) propiciou a construcción da Autoestrada do Atlantico, da autovía Vigo-Madrid e a industrialización dos núcleos rectores do noso pais (as cidades do litoral atlantico). O que acontece hoxe en todo o Val de Rabeda, coas terras de labor e os montes abandonados,acabou relegando o futuro de Taboadela e condición de humilde concello dormitorio ou de fin de semana. 

Unicamente a explotación recional e sostible dos recursos cos que conta o concello (silvicultura, agricultura e gandería ecolóxicas, turismo natural e cultural,...) pode viabilizar un futuro diferente e esperanzador para este concello. Asemade, coa ningua e encarecemento do solo residencial nas cidades de referencia nomeadamente Ourense-Taboadela, coa sua inmellorable situación xeográfica, coa presencia de importantes vias de comunicación que a cruzan, etc atopa unha extraordinaria ocasión para ordenar e para mellorar. 


NOTA: O seguinte capitulo ainda está por vivirse, por escribirse .... (CONTINUARÁ)
Fonte bibliográfica: PXOM Taboadela

Comentarios