Lautaro



Deixei a miña casa, pechei a porta e saín á rúa para dirixirme cara á cafetaría que había na esquina. Estaba a piques de porse o sol despois dun sufocante día de calor. A xente comezara a ocupar as terrazas en busca de fresco e duns minutos de tranquilidad tomando unha cervexa. Alí había pais e nais cos seus fillos, parellas de todas as idades, ...A cervexa movíase entre as mesas sobre a bandexa dunha vivaracha camareira 

Senteime na mesa que estaba mais afastada da entrada, era a única que aínda non lograra fuxir, por completo, dun sol inmisericorde que castigara á cidade e os que por ela nos moviamos desde facia xa uns cuantos días 

Tomei asento e mirei o panorama que tiña diante. A xente falaba, sorría, estaba pendente dos nenos,... e miraban unha e outra vez, unha e outra vez, os seus móbiles. 

Eu tamén o fixen: mirei o meu whatsaap, tiña uns cuantos mensaxes que non contestei, mirei Facebook,... Fíxeno antes de pedir unha cervexa e fíxeno, varias veces máis, mentres lle pegaba longos grolos á miña copa 

Foi cando apartei unha das cadeiras, para poder estirar as pernas, cando vin que no asento, había un caderno. Alguén o había esquecido. Chamei á camareira para dicirllo e para que o gardase, por se volvían, pois seguro que volverían a por el. A camareira, a única que atendía aos clientes naquela inmensa e ateigada terraza, fíxome un xesto indicandome que nun rato estaría conmigo. 

Era un vello caderno de tapa verde sobre o que escribiran un nome: Lautaro 

¿Lautaro? Quédeime pensando que era aquilo. Sen dúbida era un nome, pero un nome de que?. Collín o móbil e mirei en Google. Alí na pantalla apareceron varias cousas: líder guerreiro mapuche na Guerra de Arauco durante a primeira fase da conquista española do territorio que co paso do tempo chegaría a ser o actual Chile. Google tamén identificaba Lautaro como unha rexión e cidade chilena da Provincia de Cautín na Rexión da Araucanía, ... 

¿Que facía alí un caderno cun nome que tiña que ver con alguén ou cunha zona situada alén do mundo?. Rendinme. Recoñezo que son moi curioso, quizais enfermizamente curioso. Collín o caderno e púxeno sobre as niñas pernas. Mirei cara a un lado e outro. Ninguén me estaba mirando. Comencei a pasar as follas. A caligrafía era magnifica, moi elegante, o coidado con que se escribiu aquelas liñas indicaba que o autor daqueles parágrafos, á parte de contar unha historia, quería que esta fose vestida dunha coidada beleza 

Comencei a ler a primeira páxina xusto cando chegou a camareira. Pregúntome que desexaba. Levantei os ollos un pouco avergoñado á vez que lle dixen...que me trouxese outra caña. Decidira contarlle o do caderno un pouco mais tarde. Non creo que puidese molestar a ninguén ler un pouco do que alí estaba escrito. 

Como ía contando empecei a ler. Aquel caderno contiña a historia dunha familia, era a historia dunha viaxe. A viaxe dunha familia. Era a aventura de Don José Pedro Quintas Lamas, un home de Taboadela. Aquela historia, que segundo ía lendo, íame atrapando cada vez mais, contaba a sua vida 

José Pedro Quintas Lamas nacera no ano 1866 na aldea de Pereiras, no concello de Taboadela. Era o maior dos fillos dunha humilde familia de labradores que sobrevivía grazas ao cultivo de millo, de centeo, de patacas,... e das vacas e porcos que criaban. O caderno contaba como José Pedro foi bautizado na parroquia de Santiago da Rabeda un 29 de xuño do 1866, contaba como aquel neno foi criado a base de sacrificio e agarimo. A vida era dura en Pereiras 

Cando José Pedro tiña 22 anos comezou a pensar en cambiar a súa vida, comezou a soñar cun mellor futuro. Foi por mor de charlas con veciños, con camiñantes e con outras xentes coas que trataba en feiras ou as poucas tabernas onde se podía permitir tomarse un viño, onde soubo que moitos decidiran buscar aventura en America. Nunca ouvira falar dese lugar e moito menos era consciente do lonxe que estaba. O que se é certo é que José Pedro comezou a valorar a posibilidade de deixar Pereiras, de mellorar el e a súa familia, de emigrar a esa America da que tanto se falaba. O caso é que por aquel entón funcionaban o que se chamaban Axencias de Colonización. Foi a través dunha delas que o noso protagonista se decidiu a cambiar a súa vida dunha maneira definitiva. Ese foi o comezo dunha aventura que o levaron a subir a un vapor no porto de Vigo e que ía en dirección a Chile 

En 1889, con 23 anos, chegou á cidade portuaria de Concepción, xunto á súa esposa e os seus pais. Concepción era unha poboación situada a beiras da desembocadura do río Bio-Bio no Océano Pacífico. Os portos de Talcahuano, Tomei, San Vicente e Lirquén, próximos á cidade, fixeron de Concepción un centro de exportacións e un lugar de chegada de numerosos barcos que viñan de Europa e de numerosos inmigrantes, como foi o caso de José Pedro 

Alí, naquela cidade, en Concepción, José Pedro iniciou a súa nova vida. Montou varios negocios cos que foi logrando un certo status social e económico para el e a súa familia. A vida non resultou fácil ao principio, pero as ansias por mellorar e o esforzo diario de José Pedro obtivo os seus froitos 

Pasaron os anos e José Pedro e a súa familia, aínda que seguían lembrando as súas raíces, o seu pobo, a Pereiras, a Taboadela, fóronse afacendo a aquelas terras. Os días, os meses, discorrían con certa normalidade pero José Pedro era un home inquieto. Despois de falar coa súa familia decidiu volver emprender unha nova aventura. Esta íaos a levar ao interior de Chile, cara á Rexión da Araucaní, praza que contaba cun forte militar para dar seguridade aos colonos, a colonos como o era el 

Partiu de Concepción no ano 1896 ano e estivo a explorar o interior do país en busca de novos horizontes antes de asentarse en 1897 na cidade de Lautaro. Tiña 31 anos 

Uns anos antes, en 1852, o goberno de Manuel Montt fundou a provincia de Arauco (entre os Ríos Bio-Bio polo Norte e Valdivia polo Sur) para facer fronte, primeiro, á proclamación, como Rei da Araucanía, do francés Orlie Antoine e, segundo, para pór fin ao conflito que existía co pobo mapuche. Estes tiñan por costume, unha vez que se esgotaba o chan para a agricultura, queimar a ruca e cambiar de lugar, situación que a administración chilena impedíalles en defensa dos colonos. 

Cando o noso heroe decidiu asentarse en Lautaro, no ano 1896, xa transcorreran 15 anos do alzamento dos mapuches, aproveitándose que o exercito chileno atopábase enfrascado na Guerra do Pacifico (1879-1883), contra Bolivia e Perú. Durante este período, durante eses 15 anos, o xeneral Urrutia regresou e encomendou a don Manuel Recabarren a misión de fundar o forte Aníbal Pinto que permita controlar as revoltas. 

José Pedro, xa asentado na zona, sacou a relucir o seu espírito emprendedor e abriu dous locais comerciais. Foron anos duros de traballo pero tamén de ilusión. Os días, os anos foron pasando e José Pedro acabou por lograr alcanzar un éxito empresarial que lle supuxo amasar unha gran fortuna e un prestixio social que o levou a ser nomeado en varias ocasiones presidente do Centro Español. 

“Perdoe, perdoe señor, ese caderno é meu” - escoitei mentres seguía enredado entre as liñas daquel caderno 

Coma se tivese un resorte, púxenme de pé mentres pechaba, avergoñado, o caderno. 

“Ah si, síntoo. Non me puiden resistir. Síntoo. É que eu son de Taboadela” - foron as palabras que saíron da miña boca mentres pedía que un milagre me fixese desaparecer 

Frente a min atopábase un home novo, co pelo cano e un rostro que reflectía un gran acougo. Por ningún lado se traslucía que lle molestase que estivese ollando o seu caderno. Avergoñado non se me ocorreu outra cousa que convidarlle a unha cervexa. Acepto a miña invitación e sentámonos. Tranquilíceime un pouco 

Os minutos que transcorreron a continuación foron perfectos. Chamábase Héctor e apellidabase Quintas Iglesias, era chileno e era o bisneto de José Pedro. Comentoume que o caderno era un pequeno proxecto que pretendía recompilar a historia da súa familia desde o momento mesmo en que chegaron a Chile. Tamén me contou que estaba de viaxe en Galicia, en Ourense, para coñecer a terra dos seu bisavó. Para coñecer Pereiras. Faloume do emocionante que todo aquilo lle estaba resultando e da incrible familiaridade con todo o que viu - “Era como reencontrarme con todos os que xa non están”, díxo 

Eu limiteime a escoitalo. Non me atrevín a confesarlle que eu tamén era de Taboadela. Unicamente repetinlle varias veces que sentía moito abordar daquela maneira a súa privacidade e a da súa familia ollando aquil caderno que descansaba, agora si, sobre a mesa. 

Aceptou as miñas desculpas, agradeceu a miña invitación e despedímonos cun apertón de mans 

Deséxeille unha boa viaxe a Chile e pedinlle que se algunha vez volvía permitíseme acabar de ollar o seu caderno 

Sorriu e marchouse 

Bo regreso a Lautaro, veciño ... e saudos a Don José Pedro 





NOTAS

  1. Os personaxes, os nomes, as datas son reais. A historia é real ainda que me permito certas libertades a hora de crear este texto. Non coñeco os detalles exactos da vida de José Pedro, xa me gostaria, pois sen dúbida daría para unha boa historia. 
  2. Agradecer a Hector que ma contase e espero que aínda haxa por Pereiras, por Taboadela,... algún familiar de Jose Pedro aínda que pasasen mais de 100 anos

Comentarios