Detido o alcalde de Taboadela



Saltou a noticia da detención e posta a disposición do xuíz do alcalde do concello de Taboadela, Don Benito Quintas Bouzas, acusado de reclutador de emigrantes, actividade penada segundo a lei de emigración de 21 de decembro de 1907. 

Lembremos que a principios do século XX tivo lugar unha forte emigración con destino, principalmente, a América. Isto era consecuencia e tiña unha estreita relación coa endémica situación social e económica pola que atravesaba o país e, como non, a provincia de Ourense. O atraso agrario, o lento crecemento urbano e industrial, cunha baixa demanda de man de obra, os ínfimos salarios tanto do sector industrial como rural foron factores que favoreceron esta migración. 

Neste contexto xurdiron os denominados reclutadores de emigrantes. Estes movíanse polos seus pobos e cidades de orixe, posaderos que se dedicaban a todo tipo de ilegalidades, unha variada fauna de estafadores e outros personaxes nos portos, condicións infrahumanas nos buques de transporte e no ansiado destino, explotación que rozaba a escravitude, trata de brancas, indigencia, mendicidade, etc. 

Algo parecido ao que hoxe estamos a ver en Siria, Iraq, Turquía,... no Mediterraneo. 

O caso é que para facer fronte, como non, a estas prácticas, elaboráronse unhas normas e institucións para protexer e garantir os dereitos do emigrante, e proporcionar alternativas á emigración. Unha sangría para o país 

Como viñamos dicindo o noso alcalde foi detido e acusado de recrutar emigrantes. Así mesmo, tal como consta no Boletín Oficial da provincia de Ourense, recrimínaselle a súa falta de ejemplaridad e substitúeselle do seu cargo de alcalde de Taboadela mentres non "demostre a súa inocencia" 

Don Benito Quintas chegara á alcaldía de Taboadela o ano 1894, sendo o seu predecesor don Juan Antonio Quintas (posiblemente fose familiar, debido a que Taboadela era un pobo de escasa poboación), e ata a súa destitución en 1908 estivera dirixindo o noso municipio. É dicir, fora alcalde durante 14 anos, sendo substituído por don Manuel Fidalgo García, ata ese momento primeiro tenente de alcalde 

Se nos fixamos un pouco dámonos conta que a historia tende a copiarse a se mesma: pobres, emigracións, xente que se aproveita deles, esperanza dunha mellor vida noutros lugares, xente sin escrúpulos, normativas para regular as necesidades da xente, soños, pobreza, inxusticia,... 

Eso e o que pasou en Taboadela xa fai uns 109 anos

Comentarios