Cooperativa San Miguel



A finais dos anos 80, o empresario Adolfo Dominguez "aireou os seus desexos de apoiar e colaborar a creación de cooperativas de traballadores cuxa actividade lles permitise ampliar a súa produción, sen necesidade de encargar traballo fóra de Galicia". Así o contaba La Voz de Galicia. 

Esta idea tomou forma mediante a posta en marcha da primeira das cooperativas na localidade de Xunqueira de Ambia. Ao principio, xurdiron unha serie de "obstáculos" que dificultaban a posta en marcha desta iniciativa. Así se vendía. Dita idea non era vista con moi bos ollos desde o Inem (Instituto Nacional de Emprego) e que se reflectía nunha clara falta de apoio e de subvencións. 

O caso, como xa dixemos antes, e que en Xunqueira de Ambia un centenar de persoas (do ámbito rural e antigos emigrantes, principalmente) formaron a primeira das cooperativas baixo a dirección dun experto designado por Adolfo Dominguez e despois de recibir unha formación previa: "En seis meses, consideramos que se adaptarán á fábrica sen maiores problemas. Logo, haberá que esperar entre doce e quince meses para que funcionen ao cen por cento das súas posibilidades", dicía os promotores, dicía o experto. 

Tras esta primeira cooperativa, destinada a fabricación de chaquetas e traxes, púxose en marcha a Cooperativa San Miguel, en Taboadela, dedicada á confección de pantalóns, a cooperativa de Maceda e unha derradeira en Nogueira de Ramuin. Lembro todo o que supuxo a apertura en Taboadela desta cooperativa. Lembro a xente dandole volta a este tema para tomar unha decisión, o esforzo económico que supuxo para formar parte, para ser un cooperativista, lembro as dificultades económicas, o soldo non cobrados, etc 

A posta en marcha de cada unha da cooperativa prevía un desembolso de 100 millóns de pesetas (600.000 euros) de investimento e a creación de 100 postos de traballo (40 en cada cooperativa, aproximadamente). O investimento sería achegado polos cooperativistas a razón de un millón per cápita e o resto, de acordo coas previsións que se facían, chegaría en forma de subvencións. Isto era o que se tiña planeado que fose. 

Non paso moito tempo, ao cabo de 8 meses, na prensa comezaron a facerse eco das "dificultados" desta iniciativa. Problemas que tamén se atoparon os cooperativistas de Taboadela. Varias destas persoas só cobraran 90.000 ptas (540 euros) desde que empezaron a traballar e outros nin iso. Ademais a dirección e a administración correspondía á familia Dominguez, non os cooperativistas, e as subvencións só foron de 26,5 millóns de pesetas cando se comprometeron 60 millóns, etc 

O sindicato INTG considerou este proxecto como unha "gran fraude" que supuxo á maioría dos cooperativistas un endebedamento persoal con "entidades bancarias debendo abonar trimestralmente 87.500 pesetas, por amortización e intereses durante cinco anos" 

Ante estas denuncias as cooperativas de Maceda, Xunqueira de Ambia e Taboadela saíron ao paso do que consideraban "acusacións e descalificacións ", asegurando que o sindicato INTG xamais se puxo en contaron cos consellos reitores nin coas cooperativas. Certo é que dito resposta foi difundida por unha persoa vinculada a Adolfo Dominguez.

O certo é que a relación das cooperativas con Adolfo Dominguez non foi todo o boa que debese acabando rompéndose e levando ás cooperativas a buscar novos clientes para dar saída á súa produción. Cos anos, as dificultades e a externalización da produción levo ao peche de todas elas. A derradeira das cooperativas en pechar foi a de Xunqueira de Ambia no ano 2008, cando a crisis comenzaba a notarse, atrás quedaron 20 anos dunha dificil vida para todos estes emprendedores. Antes pechouse a Cooperativa San Miguel , a cooperativa de Taboadela 

Moitos dos nosos veciños formaron parte desta cooperativa, moitos loitaron e moitos sufriron.






Comentarios