As campás de Taboadela e os socialistas


O domingo do dia 22 de novembro do ano 1931 celebrouse en Taboadela "un gandioso mitin de propaganda agraria" tal como describia o diario "La Lucha". No devandito acto, que estaba previsto para o tres da tarde, tomaron parte "os camaradas Manuel Deza, Ramón Fontes Canle e Manuel Suárez, todos eles pertencentes ao Comité da Federación Provincial Agraria" 

Quero lembrar que uns meses antes, o 14 de abril, proclamar o II Republica tras a cal se estableceu un goberno provisional (abril-decembro de 1931), que convocou rapidamente eleccións a Cortes Constituíntes o 28 de Xuño, a vitoria foi para a coalición Republicana Socialista. Durante este período de goberno provisional aprobouse a Constitución de 1931 e tamén foron nomeados o presidente da República, Niceto Alcalá Zamora, e o presidente do goberno, Manuel Azaña.

O goberno de Azaña, formado maioritariamente por socialistas e republicanos de esquerdas (si, tamén os había de dereitas) leva a cabo unha serie de reformas. Entre elas afrontouse unha reforma agraria que deu pé a unha serie de decretos que pretendían axudar aos arrendatarios e aos campesiños sen terra, asi como a expropiación sen indemnización das terras da alta nobreza, todo iso baixo o paraugas da Lei de Reforma Agraria.

Descoñezo cal era a "orde do día", que os membros do Comité, tiñan previsto para as xentes de Taboadela. O caso é que durante o seu desenvolvemento tivo lugar unha "contraprogramación" por parte do cura. O Sr. Babarro, como se chamaba o cura, non se lle ocorreu unha mellor forma que facer calar a aqueles perigosos socialistas que facer soar as campás para impedir que os oradores fosen oidos. Ademais non contento coa ocorrencia, e animado claramente en defensa dos seus "principios" public, o 24 de novembro, un articulo no diario La Region celebrando o seu acto.

Baixo o titulo "As miñas impresións" e "Mitin bomba" o cura Babarro di que "cuado estaba perorando o último orador, ocórreselle ao sancristán tocar un longo intre as campás...". Ao Sr Babarro a actuación do sancristán parécelle toda unha fazaña, en cambio os redactores do diario “La Lucha” (pertencente a Agrupación Socialista e da Federación Agraria da Provincia de Ourense) non lle parace "tan gracioso" e mostran o seu descontento a traves do seguinte articulo:


"... se cando lanza os seus mugidos (o Sr. cura) desdes o púlpito de Taboadela ocorrésesenos a nós dar unha cencerrada á porta da igrexa?...
....

Di o Sr Babarro que nos se falou mais que para baballoar contra o mestre, o médico e a relixión, e o Sr Babarro mente descaradamente pois do mestre díxose que "abandona" a súa escola para ir de caza, do médico díxose que vive en San Ciprián, e déronse unha serie de casos ultimamente vergoñosos, de traer feridos a curarse a Ourense, e do curs o que é de dominio público e que el estando presente non desmentiu, polo que é máis comodo, desde as columnas da Region e baixo as letras A.B.A. mentir tan descaradamente como o fai. Eu vou darlle un consello a A.B.A. e que non se lle volva a "ocorrer nun mitín que volverá celebrarse proximamente en Taboadela o tocar tan a destempo e por tan longo intre as campás e procure non esquecede isto, pois en ultímaa "ocorrencia" sen non é a sensatez duns cuantos, seguro que non prodría escribir a sarta de embustes enviados á Region, a pesar da soas "dúas ducias de asistentes ao acto"...."


Pois xa vedes como se comportaba o noso cura, o noso sancristán, os politicos,.... e as nosas campás

Comentarios