EntreTENEvistas: Luis Menor Pérez


Comenzamos con unha serie de entrevistas, que chamamos ENTRETENEVISTAS, pois buscamos mesturar os conceptos de entrevistas mais o de entretenemento. Hoxe o noso invitado en DON LUIS MENOR PEREZ

Luís Menor naceu na localidade ourensá de Pereiro de Aguiar en 1964, licenciouse en Dereito e é experto en criminología. Funcionario xudicial en excedencia, foi xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Ourense, secretario territorial da delegación da Xunta en Ourense desde 2010 ata finais do 2014 en que asumiu a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior na Administración autonómica. Isto suponlle asumir a dirección das competencias que ten a Xunta en materia de emerxencias, protección civil, interior e seguridade. Tamén lle corresponde a dirección da Academia Galega de Seguridade de Galicia que imparte formación en Seguridade e emerxencias

Cal é a súa relación co municipio de Taboadela?

Familiar . Estou casado neste concello xa fai mais de 29 anos e aquí teño unha familia política moi amplia

Cantos ano leva relacionado coa vida politica? Cantas máis lle gustaría seguir?

Houbo duas etapas. A primeira na vida local como concelleiro en Pereiro de Aguiar nos anos 90, durou 8 anos. Logo deixei a política activa. E esta segunda dende que o Presidente Feijoo accede ao cargo e se me chama para ser Xefe Territorial da conselleria de Presidencia no ano 2009. Logo xa está clara cal foi o resto da traxectoria ata a actualidade

Está afiliado a algún partido político?. Cal?

Si levo mais de 30 anos afiliado ao Partido Popular

É o galego a lengua que habitualmente usa?

Así é. Pero o idioma nunca é un problema polo menos para min

Cal foi o primeiro traballo que tivo?

Profesionalmente comencei moi novo con 22 anos como funcionario de Xustiza que é a administración na que teño plaza como Secretario Xudicial (agora letrado da administración de Xustiza ) no pazo de Xustiza de Ourense.  

Que é o primeiro que fai ao erguerse polas mañas?

Nesta etapa da miña vida, mirar o móbil que durme conmigo. Recoñezo que desto sí teño gañas de olvidarme. Pero as emerxencias e aseguridade son algo que requiren total dispoñibilidade e mentras a teña tratarei de cumplila. 

Como definiría a Galicia e a España e a relación entre ambas?

Para min Galicia é a miña terra. E España é o meu país. De ambas me sinto moi orgulloso e non teño ningún tipo de conflicto

Que afeccións ten?

Pois tampouco son moi orixinal nesto. A lectura, os deportes, a música , a televisión ….

Estudou en escola pública ou privada?

Sempre pública. Dende a escola do meu pobo, concentración escolar, instituto e universidade. 

Vive nunha cidade ou nun pobo?

Agora mesmo “durmo” nunha cidade porque vivir vivo casi que por toda Galicia.

Cando “se pérde” onde o podemos atopar?

Coa familia e cos amigos. Logo de estar moito tempo fora da casa e do meu ambiente gústame estar coa miña xente.

Ten algunha teima?

Tratar de cumprir coas miñas obrigas. Non me gusta a xente que non responde ao que se exixe polo seu traballo e responsabilidades. E polo tanto eu si trato de cumplir cos meus deberes. Acerterei ou non pero dende logo trato de cumprir. 

Algunha frase de cabeceira?

Mais que frases son de principios. Traballo, constancia, ilusión por mellorar as cousas e axudar a quen o precisa e poido. Non facer dano, ser agradecido. O que me ensinaron de pequeno e que me leva dado bo resultado. Para que cambiar logo. 

Comparte os labores do fogar?

Fago mais ben pouco porque tampouco estou moito na casa. Pero non me importa claro. E ademáis é xusto compartir.

Que lle parecen as redes sociais?. Dígame cantas utiliza e se as xestiona vostede mesmo

Para min hoxe son imprescindibles e mais si un ten responsabilidades públicas como é o meu caso. Utilizo Facebook (a que mais), Twitter, Instagrán e Linkedin (a que menos). Si levooas eu. Non teño a nadie quen mas leve .

Unha canción , unha película, una serie de TV e un libro que lle guste especialmente
 

  • Cancion: Moitas . Musica dos 80 e de actualidade .
  • Película: “Dirty Dancing” que vimos xuntos no cine miña muller e mais eu de noivos. E ademáis vai de baile algo que nos gusta aos dous 
  • Serie de televisión: Unha miniserie “El padre de Caín” sobre ETA que me impactou moitisimo
  • Libros: Moitos en especial os de biografías. Gústame moito coñecer experiencias vitais de xente de moi diverso tipo. De todos se aprende algo

Cal é o tipo de música que mais lle gusta?

Xa inidiquei que me gusta moi variada. A música dos 80, a música actual e a de baile para pasar un bo rato

Cociña?. Cal é a súa comida favorita?

Pois non cociño prácticamente nada. A miña comida favorita moitas . Gustame moito o arroz e tamén as estupendas tortillas de patacas que fai a miña muller e que todos louban non soamente eu

Disfrázase no Entroido?


Pois a verdade é que non pero é unha festa que me gusta moito. Un dia de estos empezo ...

Cre en Deus?

Si. Ensinaronme de pequeno. Forma parte da miña cultura

Cre que dentro duns anos na nosa provincia non quedará… nin deus?


Espero que non se cumpra eso que vostede di. Nalgún momento esto ten que cambiar e temos que facer todo o posible porque así sexa. Temos un gran país e agora xente moi formada que ten que ser capaz de aproveitar as potencialidades que temos. Son moderadamente optimista e creo que vamos a mellorar e romper esta tendencia. So falta que creamos mais en nós a nas nosas posibilidades

Cal cre que son os aspectos fundamentais que debemos abordar os galegos nos próximos anos? E os veciños de Taboadela?

Pois hai varios que a ninguén se lle escapan:

  • O envellecemento e a perda de poboación
  • O cambio climático 
  • A constante mellora dos servizos e das infraestructuras públicas para crear un marco axeitado para o emprendemento e a creación de riqueza 
  • En canto a Taboadela e Ourense en xeral un pouco os mesmos. Ao final estamos todos cos mesmos problemas e as mesmas oportunidades

Unha persoa á que admire especialmente? Un político? 


Tampouco son moito de mitos. Admiro as persoas anónimas que se esforzan para mellorar a sua vida e as da sua familia. A xente que é amable e xenerosa e fai cousas polos demais.

En canto a políticos. Pode quedar un pouco pelota pero admiro ao Presidente Feijoo. Ser casi veciños, ter unha idade parecida e unha biografía en puntos coincidente e ver do que está sendo capaz de facer para min é motivo de admiración. E ademáis é unha persoa moi próxima e amable.

Pódese acabar cos incendios en Galicia?


Teño claro que si. É un problema de mentalidde. O día no que todos considermos que esto non se pode tolerar, fagamos todo o que poidamos en prevención e sexamos totalmente intorantes cos incendiarios ese día remata o problema.

Haberá incendios, pero non este problema que temos como pobo. Non se pode consentir que cada ano teñamos casi 3000 incendios en Galicia, casi todos provocados. Eso solo se cambia cambiando a xente. Mentras tanto paliaremos o problema pero non remateremos con él porque o problema de fondo está seguirá ahí. Xente que lle pon lume ao monte en canto pode… E asi é imposible que non arda

Complete a frase: Os tempos pasados sempre foron…

Distintos (nin mellores nin peores)

Que é o que mais lle gusta do noso concello, de Taboadela?

Pois a súa xente (sei que tamén pode resultar finxido ou pelota). Coñezo a moita xente e sintome moi cómdo. Tamén me gusta a súa paisaxe. Pero sin dúbida o mellor a xente. A min sempre me trataron de maravilla dende que cheguei aquí xa fai case que 30 anos.
 

E para acabar... pódeme confirmar, para que todos sáibaos, que Taboadela é o mellor lugar do mundo?

Si, sin duda ... Pero seguido moi de cerquiña polo Pereiro de Aguiar que tampouco está nada mal…


Grazas, polas facilidades que nos deu desde o mesmo momento en que nos puxemos en contacto con vostede, por permitirnos que lle roubemos parte do seu valioso tempo e pola xenerosidade que demostra con todos nós, veciños de Taboadela e os seus seguidores nas redes sociais.


 

Comentarios