EntreTENEvistas: Paco Sarria (Onda Cero)




Temos o gusto de traer hoxe ás nosas ENTRETENEVISTAS a un personaxe que moitos de vós o escoitades a diario. Hoxe o noso “interrogatorio” terá como protagonista a PACO SARRIA. 

Paco Sarria é un xornalista nado en terras leonesas pero asentado en Ourense desde hai moitos anos. Este pontino comezou a súa carreira como xornalista radiofónico en Ondas Galicia. Máis tarde exerceu como xefe de informativos na COPE. Así mesmo foi delegado da TVG en Ourense, redactor e correspondente de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, O Correo Galego, El Pais, a Axencia EFE e, tamén ... a Cadena Rato, emisora do defunto pai do ex-ministro Rodrigo Rato, e predecesora da actual Onda Cero, emisora na que actualmente desenvolve o seu labor. Así mesmo Paco Sarria é decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia desde 2016 

Este "tolo da radio", ao que adoito escoitar os mediodias informando sobre cuestións de actualidade da nosa provincia ou dirixindo debates "imposibles" ou falando de comida, cinema, cultura, etc., cremos que é unha persoa (un personaxe) que pode ser de interese de todos os seguidores da nosa páxina. Por tanto imos empezar co noso interrogatorio, non sen antes agradecer a deferencia cara a todos nós 

Paco, ti erés galego ou leonés? 

Creo que teño o mellor dos galegos e o mellor dos bercianos. Pai galego e nai berciana. Despois de tantos anos aquí síntome moi galego, pero non esquecer que o Bierzo é un territorio no que o galego está ainda presente. 

¿Qué sabes do noso municipio, de Taboadela? 

De Taboadela sei que ten un veterán Alcalde e que é punto estratéxico na conexión do ferrocarril coa cidade e que en tempos era un lugar ó que meu pai nos levaba a xantar (a Mesón de Calvos). 

¿Sabes que temos alcalde máis veterano de Galicia? 

Sei. Lembro seu pasado en Coalición Galega e seu paso pola Deputación. (Son as cousas que ten o ser veterán tamén). 

¿Canto tempo levas na radio? ¿Canto máis esperas seguir? 

Exerzo o xornalismo dende 1983. Levo nesto logo 35 anos. A maior parte deles na radio e en Onda Cero Ourense casi 27. Creo que debo ser un dos mais antigos na cadea. Canto mais agardo seguir?...agardo que até a xubilación, pero...quen o sabe? 

¿Estás afiliado a algún partido político? 

Non. Non estou. Creo que non se entendería militar nun partido político e opinar. 

¿Habitualmente falas galego ou castelán? 

Realizo meu traballo habitualmente en galego por compromiso coa cultura galega. Na miña vida personal falo galego ou castelán indistintamente en función do interlocutor. Co meu pai, por exemplo, en galego. Coa miña nai falaba castelán. E cos amigos según o momento e as preferencias dos interlocutores. 

¿Cal foi o teu primeiro traballo? 

Meu primeiro traballo foi na construcción nun verán para gañar para o carnet de conducir cando estudiaba Maxisterio. Un silo en La Susana, a poucos kilómetros de Santiago. Na comunicación foi na desaparecida Ondas Galicia (mais tarde sería a tamén desaparecida Radio Minuto) nuns improvisados estudios que había na Rua do Paseo, nun primeiro piso sobre a tamén desaparecida heladería “El Cortijo”. 

¿Cómo definirias a Galicia e a España e a relación entre ambas? 

Galicia? Un paraíso históricamente moi sumiso ó Estado español. Hoxe unha comunidade condenada en parte (o interior) a ser un gran xeriátrico, castigado polos lumes e o caciquismo. Unha terra de gran potencial turístico pero que deber ser máis que un territorio ó que vir disfrutar da sua excelente gastronomía. 

¿Son os cans a mellor compañia?

Non. Os cans son unha excelente compañía, pero a mellor son as persoas que nos queren e as que queremos. Aquelas coas que compartimos vida e inquedanzas dentro e fora da familia. 

Decia Mark Twain que cando lle dás para comer a un can este nunca te morderá cando engorde a diferenza dos humanos. ¿O problema dos politicos é que comen e engordan? 

Non debemos xeneralizar, pero si é certo que unha boa parte dos políticos non queren deixar de selo cando descubren que poden vivir mellor que o resto dos seus veciños. Hai quen ten vocación de servicio, si, pero moitos, cando tocan poder, acaban padeciendo “sobrepeso”, si... 

¿Vives nunha cidade ou nun pobo?

Vivo no antigo Concello de Canedo, así que cruzo o río para ir á cidade a diario. Pero vivín en varias aldeas (Cabanelas, Cancela, Ameixeiras...) de neno, así que considérame un privilexiado que sabe o que ír co gando á veiga, recoller os ovos do corral, ver anidar diferentes aves ou seguir o rastro dunha serpe. 

¿Cales son as aficciones que tes? 

Moitas...a fotografía, a gastronomía, ainda practico algo de fútbol, a historia , a arquitectura, viaxar.... 

¿Estudaches en escola pública ou privada? 

Estudiei en ambas. Escolas Unitarias, Salesianos e Instituto da Ponte, ademáis de na Escola de Maxisterio. 

Cando "se perde", ¿onde o atoparemos? 

As mais das veces na Costa da Morte ou por terras de Valdoviño (Ferrol) 

¿Gústalle a sua profesion?¿ Gústalle como está a súa profesión? 

Son un namorado do meu oficio, pero este non vive seus mellores tempos. A economía pasou factura, e a dixitalización tamén...quero ser optimista, pero non pinta ben 

¿Non se sobrevalora actualmente máis as opinións que os feitos? 

Si...é un xeito de velo tamén. Pero de todo o malo que podamos decir do oficio, os xornalistas non son culpables. É a sociedade e que elixe que modelo de comunicación que prefire. 

¿Ten algunha teima confesable? 

Moitas. Unha delas que en todos meus anos de traballo na comunicación non teña visto unha aposta seria por mudar a situación demográfica demoledora na nosa provincia. 

¿Algunha frase de cabeceira? 

Unha moi presente é “Nunca choveu que non escampara”. 

¿Qué tal se lle dan os labores do fogar? 

Deféndome agás coa plancha. Mellor cociñar e fregar. 

¿Cociña? ¿Cal é o seu prato favorito? 

Teños moitos, pero cecais a tortilla de patadas (sen cebola), ou os ovos con patacas fritas (panadera). 

¿Viño ou cervexa? 

Depende do momento. En calquera caso solo acompañado dunha boa conversa. Ás veces fabrico a miña propia cervexa e tamén licores. E trabajando en Ourense sería pecado non disfrutar das maravillas das cosas 4 Denominacións de Orixe. 

¿Qué lle parecen as redes sociais? 

Abriron novas canles de comunicación. Teñen esa parte boa de conectar a xente que había tempo que perdéramos de vista, pero tamén alentan egos, difunden “fakes” e agrandan polémicas innecesarias ou inútiles. Teñen esa parte boa de xenerar divulgación, pero tamén converten en “xornalista” a calquera cidadán. A parte que menos me gusta é a que permite a persoas difamar baixo o antifaz dun pseudónimo. 

Unha canción, unha película, unha serie de TV e un libro que lle guste especialmente 

Una canción: “While my quitar gently weeps" (Versión de Santana); película: Moitas tamén, pero por citar unha...”Matar a un ruiseñor”, e un libro... “Predicciones Catastróficas” de José María Pérez Alvarez “Chesi”; un magnífico escritor ourensano. 

¿Disfrázase en Entroidos? ¿Cal foi o seu derradeiro disfrace? 

Poucas veces podo por que habitualmente traballo o martes de Entroido, pero cando podo atopo un hoco. A última vez foi de frade... 

A situación de Ourense (falo tanto da provincia como, especialmente, da capital) é .... 

Catatónica...xeríatrica...anestesiada... 

¿Cre en Deus? 

Creo nas persoas de ben 

¿Cales cre que son os puntos fortes e cales os febles que temos como provincia? 

O punto feble é a dependencia do poder político para todo e o envellecemento da poboación. O punto forte é o atractivo turístico...potencia en arte románico, potencia vinícola e gastronómica e o termalismo, que está por medrar e explotar si gañamos prazas hoteleiras de calidade. 

Dígame unha persoa pola que senta admiración. 

Meu avó Reinaldo. 

¿Cómo cre que se xestionará a información nun futuro próximo?

Cada vez mais pegada á economia e á dixitalización 

A despoblacion, o envellecemento, os incendios, ... ¿non cre que todos eles teñen un denominador común? ¿Cómo abordalos? 

Denominador? O envellecemento da poboación algo de relación ten cos lumes...abordalo? Sería un sabio si o soupera...pero quero creer que onde o monte xenera riqueza, hai menos probabilidades de que arda... 

¿É de "vaso medio cheo ou medio vacio”? 

De vaso medio cheo. 

¿Cal cre que é o motivo polo cal a radio é o unimo medio que sobreviviu a estes anos de crises?

A radio é un medio moi práctico para o que non hai que estar parado para poder atendelo. Nunca morrerá. 

¿Cómo deben actuar, tanto os profesionais da información como os usuarios da mesma, para os efectos do que se chama "postverdad" e é, o que en Taboadela e noutros sitios, chamamos mentiras 

Como sempre se debeu actuar...non dar cancha a novas que non estén debidamente contrastadas. Non atender a novas que non estén debidamente acreditadas por fontes solventes. 

¿E para acabar, agradecendo o tempo dispensado, pódesnos confirmar, "que Taboadela é ou mellor lugar do mundo” 

Seguro que si eu vivira en Taboadela tería que selo, pero como seguramente haberá quen me escoite ahí, debo decir que Taboadela é un pobo magnífico e con un potencial ainda sen desenvolver. 


Por ultimo agradecer o tempo que nos dedicou e a posibilidade de exporlle estas preguntas, así como a xenerosidade que demostra con todos nós, veciños de Taboadela e os seus seguidores nas redes sociais. 

Grazas







Comentarios