Un conto de Nadal...en Taboadela



Era unha mañá fria, era a mañá do primeiro miercoles do mes de xaneiro. Alberto regresaba á súa casa, acompañado do seu can Pascual, despois de botar a carta aos Reis Meigos no buzón de correos que puxeran diante do concello. 

Non puido achegarse antes a ese buzón real pois estivera algo malo. A súa nai dixéralle que era por culpa dun virus que decidiu quedar a vivir na súa barriga. 

O bo de non poder saír de casa é que puido pensar tranquilamente que pór na carta. Este ano portouse bastante ben, a súa avoa dixo que moi ben, e por iso pensou que era o momento de pedirlle ás súas maxestades de Oriente unha tablet. Soamente íalle a pedir iso pois tamén queria pedir para o seu pai e a súa nai, para os seus avós e, sobre todo, para o seu irmán maior ao que facia moito tempo que non o vía e ao que botaba moito de menos. Tanto como o botaba de menos a súa nai e o seu pai. 

O seu irmán marchara para Finlandia xa iba para tres anos. Rematara os estudos de Pedagoxía e decidiu que quería comprobar o sistema de estudos que alí había e que moitos consideraban pioneiros. Foi para unhas prácticas de dous meses e atopou un traballo para dar clases de español. Dende entón só voltou unha vez, faerá cousa de dous anos. 

A neboa impidia que os raios do sol ,que se vislumbraba por riba de Santa Maríña , chegaran ata o neno e mais o can. De volta para a su a casa decidiu deixar a un lado a estrada e colleu unha das moitas corredoiras que transcurrían polo monte. A neboa foise cerrando mais según se internaba no bosque e pronto se arrepentiu de haber tomado ese camiño. O corpo empezou a arrepiarse. 

Ali, ficou quedo, sen saber moi ben que facer. cada vez sentía mais frio e a neboa non daba tregua, sen embargo sabía que tiña que estar ali. A donde levaría ese camiño? 

O camiño avanzaba entre unhas árbores de ramas espidas. De lonxe víase o fume que saía dunha cheminea. Alberto e Pascual seguiron o seu camiño esperanzados de que alguén lle indicasen como volver a casa. 

De supeto, atopou un claro na fraga, o irse levantando a bretema, o corazon deulle un volco, e lembrou aquel espazo. Si, era onde el e seu avó prantaran un castiñeiro cando cumprira os 5 anos. 

Aquela arbore tiña algo especial e, despois do conto que seu avó lle contara o rematar de prantalo, convertirao nalgo maxico no seu maxin. 

Era a arbore dos desexos, dos bos e xenerosos, a arbore medraria e fariase forte mentres el fose leal, bo e xeneroso polo contrario cada inverno perderia gallardia se perante o ano non foxe tal. Lembrouse do seu irman ala na Finlandia, e lembrou as fotos das boreais que lle mandara no último correio...que ilusión podelas ver. 

Alberto quedou fronte a aquel castiñeiro, inmóbil, coa mirada fixa mentres Pascual, aos seus pés, deitouse no chan apoiando a súa cara sobre as súas patas dianteiras. 

Facía moito tempo que non pasaba por esa zona. Pechou os ollos e comezou a lembrar os momentos co seu avó, a historia que lle contara, pero tamén comezou a pensar no seu irmán, no moito que lle botaba de menos ... 

¿Qué fas? 

Alberto asustado deuse a volta á vez que Pascual se escondia entre as súas pernas. 

¿Qué fas rapaz? 

Calado e cos ollos moi abertos, e tamén un pouco asustado, o noso protagonista viu a tres vellos que o miraban con certa tenrura e cun fino sorriso na súa boca. 


¿Cómo?, dixo o mozo 

Preguntámosche, que fai un mozo nestas frias horas da mañá por aqui? Non deberías estar en casa? 

Viña de botar a carta aos Reises, e á volta despisteime un pouco... 

Claro, claro, contestou o que parecia mais novo do tres, á vez que lle preguntou como se chamaba 

Eu,...Alberto. E leste é Pascual, o meu can 

Encantado de coñecerche, Alberto, e a ti tamén Pascual, contestou o mais maior, o de barba branca 

Eu son Malaquías, este señor que aínda non falou é Gael e o que está fumando, o mais moreno, é Baltar

Se queres podemos acompañarche a casa, ou o que a túa queiras. Ti só tes que pedir, dixo Malaquías 

Marchamos que fai frío, queixouse o vello da barba blanca, que dándose a volta, emprendeu o camiño. 

Gael e Baltar seguírono. Albarto, quedou mirando para eles sen saber moi ben que facer. 

Mirou a Pascual e seguiu ao tres vellos. 

Ao cabo duns poucos minutos os nosos protagonistas camiñaban xunto aos vellos que ían, sobre todo Baltar, amolando aos outros dous cun sorriso no seu rostro 

Acórdache daquel porte que fixemos, dicía Baltar, acórdasche Gael?. Aquel que tivemos que baixar a Malaquías daquel tellado pois a súa barba quedou enganchada na antela daquel chalé, ja, ja, ja,? acórdaste que ao final nos volvemos coa antela para casa pois era imposible desengancharlo, ja, ja, ja,.. 

Cala Baltar, non me fagas falar, dicía Malaquías mentres seguía camiñando, movendo a cabeza e aguantando a risa 

Ou aqueloutro, seguía falando o lenguaraz de Baltar, que de súpeto nos apareceu o crío no salón e tivemos que escondernos detrás do sofá. 

Se, lémbroo, maldito “mono do carallo”, dixo Malaquías 

Ja, ja, ja, ... Por que o dis? 

Pois, respondeu Gael, polo que fixeches. Como puideches porñerte aquela manta, a que estaba no chan, a do gato, sobre a cabeza e levantarche dun salto e dicirlle aquilo ao crío. Estas como unha cabra 

¿Ja, ja, ja, ja,? non paraba de rirse Baltar ao que se uniu Malaquías 

Alberto, que nese momento camiñaba xunto a Gael, miro a leste e pregúntolle a que se refería coa da manta do gato 

Nada, unha bobada destes dous monos 

Pois non o entendo 

O tolo de Baltar, dixo Gael, que se fixo pasar por unha pantasma dicíndolle ao crío?.”pecha os ollos, non mires. Volve á túa cama ou nos levaremos todo” 

Se, pero o caso é que iso foi o que ocorreu e puidemos seguir co noso traballo, puidemos entregar a mercadoría aí e continuar o noso percorrido, dixo Baltar que estaba atento a todo 

O caso é que seguiron camiñando, Malaquías e Baltar diante, falando, ríndose e lembrando anécdotas e Gael con Alberto e Pascual un pouco mais atrás. Este íalle contando que vivía en Taboadela, faloulle do seu pai e da súa nai, da sua avoa. Tamén lle falou do seu irmán maior ao que facía dous anos que non vía pois era profesor de español nuna escola en Finlandia. 

Falo con el por Skype e ensíname fotos das auroras boreales e eu cóntolle cousas de aquí e do noso avó, que morreu fai uns poucos meses, e ao que bota moito de menos. Dixolle que foi el quen plantara a árbore que estaba aí atrás. Pero non é o mesmo, dixo, se estivese aquí podería xogar con el, podería abrazalo .. e os meus pais tamén poderían facelo. 

Si, dixo Gael, é certo. Non é o mesmo. Pero xa sabes que estamos en Nadal e xa sabes que ás veces ocorren milagres 

Si, iso é o que di a miña avoa. Pero claro, ela sempre vai a misa e, bo xa sabe, ela cre niso dos milagres 

E logo ti non? Non nos contaches que viñas de mandar a carta aos Reis Meigos? 

Bo, si, De alí viña 

E que pediches? 

Unha tablet. O meu pai xa di que xa podo tela 

Ah, moi ben 

Pero, se puidese cambiábaa 

¿Ah si? 

Si, gustaríame, no canto da tablet, que o meu irmán estivese connosco na casa hoxe a noito 

Bo, non te poñas triste e lembra que o Nadal é máxica e os Reises son Meigos 

Si xa, dixo Alberto agachando a cabeza 

O grupo continuo a marcha ata que alcanzaron a estrada, a mesma pola que o pai de Alberto percorría todos os días para ir ao traballo. Traballaba nunha empresa do Polígono 

Alí, Alberto despediuse do tres homes 

Ben Alberto, dixo Gael, nós seguimos. Temos que marchar que hoxe temos balbordo, temos moitas cousas que facer. ¿Sabes chegar a casa desde aquí? 

Vale. Si, esta moi cerquiñs. Agora xa non me perdo 

Moi ben 

Alberto, espero que pases boa noite e feliz día de Reyes coa tua familia, dixo Malaquías 

Grazas 

Seguro que che traerán todo o que pidas, dixo Baltar, pois eres un paza estupendo 

Grazas 

Até outra Alberto, dixo finalmente Gael, o cal sacou do seu peto un cartón e deulla ao mozo 

¿Qué ese isto? 

O meu cartón por se algunha vez necesitas algo. E non esquezas que estamos en días de milagres así que non esteas triste 
Vale, dixo o mozo, mentres miraba como se afastaban pola estrada 

Alberto mirou para o cartón que lle deu Gael, pero alí non había nada. Tan só un pequeno debuxo con tres coroas pintadas no centro 

Ese día era véspera de Reyes polo que había certo balbordo en casa. O pai de Alberto non traballou esa tarde e aproveito para porse un pouco máis elegante do normal e ir tomar un café e ir botar unha partida ás cartas cos amigos, a nai e a avoa estiveron a preparar a cea. Alberto estivo con Pascual, tamén estivo na súa habitación xogando un pouco coa consola, despois estivoa recollendo un pouco, tal como pediulle a súa nai. 

O caso é que chegou a noite e despois de cear un pouco de marisco, peixe e todo unha ampla variedade de turróns, polvorones, mazapanes e rosca, o ambiente volveuse un pouco triste pois a súa nai botouse a chorar lembrando ao seu fillo maior e ao avó. O seu pai, que tamén mostraba un aspecto apenado, dixo que o mellor era irse a cama pois non vaia a ser que veñan os Reises e os atoparan espertos 

Así que todos fóronse a cama. Todos menos Pascual que quedo durmindo no salón, na súa cama, á beira da árbore de nadal 

Alberto, na súa habitación, despois de porse o pixama mirou un bo intre para o cartón que lle dera Gael, o cartón das coroas. Preguntouse que significaría aquilo e como podería chamar a Gael. Deitouse boca arriba. A través da xanela entraba algo de luz dun dos farois que iluminaban a estrada. Custáballe durmirse, desde pequeno sempre lle pasaba a noite de reis. De súpeto un pequeno fulgor comezou a iluminar a habitación. Sen levantarse, movendo os ollos dun lado a outro, Alberto puido ver que dita luz xurdía do cartón que tiña sobre o seu mesilla. Asustouse un pouco, ergueuse e viu que o cartón emitía unha intensa luz dourada, coma se fose a luz dunha pequeñísima estrela. O mozo non podía deixar de mirala 

Alberto, amor meu 

Ao ouvir aquela voz, o mozo púxose de pé e puido ver que na cadeira da súa habitación estaba sentado o seu avó 

Non podía ser, non podía ser, o seu avó estaba morto. Falecera facia uns meses 

Alberto, meu ceo, non te asustes 

O neno comezou a chorar en silencio. As bágoas corríanlle pola fazula. Estaba completamente inmóbil, asustado 

Alberto, meu neno, son o avó. Non te asustes, dicíalle sorrindo, á vez que alargaba a sua man cara ao neto 

Ven aquí, meu ceo, son o avó 

O mozo, chorando, botouse en brazos do seu avó, do seu queridísimo avó 

Avó, avó!! 

Non chores meu neno, son eu e estou aquí 

Así estiveron un bo intre ata que o crío puido tranquilizarse. Despois falaron e falaron. Contoulle que sacara boas notas, que era moi bo, que a súa nai e a avoa estaban moi tristes desde que se había ido, que o seu pai lle prometeu levalo a Santander a ver Cabarcenos. Tambien contoulle que o seu irmán seguía en Filandia, e que xogaban moito con Pascual pois non habia moitos nenos cos que xogar alí en Taboadela, que ... Así estiveron un bo intre, falandose e comendose a bicos 

Cando levaban tres ou catro horas o avó díxolle que tiña que marchar, que era a noite de reis e que había que durmir 

Non quero avó, eu quero que quedes 

Non miña vida, teño que irme 

Pero avó, eu non quero que che vaias. Quero que quedes connosco, quero que quedes comigo 

Eu sempre estarei convosco, non o dubides, como non vou estar contigo, co meu neto, o me sol, o meu amor 

¿Pero avó? 

Shhhhhh..... escoita. Eu teño que irme, non me podo quedar, pero cando me necesites, só tes que pechar os ollos e chamarme, aínda que non me ouzas, xa sabes que son maior e ás veces non podo falar moi alto, pero non teñas dúbidas de que che escoito e voche responder 

Alberto choraba mentres escoitaba ao seu avó. Leste agarrou da man ao neno e acompañouno á súa cama, axudouno a deitarse e arroupouno dando un bico na testa 

Agora dorme miña vida, agora dorme. Eu téñome que ir, pero prométeche que quedarei aquí mentres dormes. Alberto tiña agarrada á man do seu avó, mentres os seus parpados foron cedendo ao cansazo, ás emocións á noite 

Eran o dez da mañá cando Alberto saíu correndo da súa habitación cara á árbore de nadal. Os seus pais chegaron despois. A cara do tres era un poema, Debaixo de árbore non había nada. Estaba baleiro. Os Reis Meigos esquecéronse de Alberto. O mozo estaba completamente descolocado e desilusionado 

De súpeto Pascual, movendo o seu rabo, comezou a ladrar. Era un ladrido nervioso e alegre. Non paraba de ladrar mentres de achegaba á porta á que empezou a rabuñar coas súas patas dianteiras. 

De súpeto, a porta abriuse e asomouse o irmán maior de Alberto. Este e os seus pais correron, dando berros, para abrazar ao mozo. Unha inmensa alegría desbordouse naquela casa. Os abrazos, os bicos, os choros, as risas eran infinitas. A felicidade na casa enchíao todo 

Ao cabo dun minuto Óscar, o irmán de Alberto, agachouse fronte a el e sacando da súa mochila un paquete 

Toma, isto é para ti 

¿Para min? 

Si, acábanmo de dar tres señores que me acabo de atopar na estrada cando viña para casas 

¿Tres señores?

Sí. Eran tres e dixéronme que tee coñecían. Ah, e que perdoases que non puidesen tráeo eles mesmo pero que tiñan que levar a un señor maior a descansar 

¿A un señor maior a descansar? 

Eu non os entendín, pero segundo contáronme, un señor maior escapouse de noite e tiñan que levalo de regreso á súa casa. Imaxínaste un señor maior dando voltas esta noite por aí, co frio que fai

O avó, pensou Alberto, mentres abrín o paquete que lle acababa de entregar Óscar 

Unha Tablet papá, unha tablet mamá, mira o que pedira, unha Tablet, berraba Alberto rindo e saltado de ledicia 

Xa ves “cariño”, dixo o pai, aínda que nada había na árbore os Reises son meigos e…hoxe é un dia de maxia 

O neno, non o ouviu, soamente ría, saltaba, abrazaba ao seu irmán. 

Era o neno máis feliz do mundo 




NOTA: 

Os autores deste conto son a xente de Taboadela, pero especialmente Álvaro Vila Araujo, Diana Sanromán Conde, Charo Valado Blanco, Cipriano Salcedo, Muebles Martínez, José Ramón Losada Gallego,... que foron dándolle forma ao conto mediante as suas aportacións, ou sexa, os distintos parágrafos que forma o conto. Grazas por xogar, por imaxinar, por participar, por escribir, por ... facer máxia 

#onosocontodonadal 





Comentarios