Taboadela ... defensora dos dereitos das persoas e da República



A Revolución de 1868, chamada a Gloriosa ou Revolución de Setembro, tamén coñecida pola Septembrina, foi unha sublevación militar con elementos civís que tivo lugar en España en setembro de 1868 e supuxo o destronamiento e exilio da raíña Isabel II e o inicio do período denominado Sexenio Democrático, cuxos efectos se deixaron sentir amplamente en toda o pais, xa que a partir dela ten lugar no país o primeiro intento de establecer un réxime político democrático, primeiro en forma de monarquia parlamentaria, durante o reinado de Amadeo I de Saboya (1871-1873), e despois en forma de república, a Primeira República (1873-1874), resultando un completo fracaso ambas. 

Foi tras o triunfo da Revolución de 1868 cando o goberno provisional, presidido polo xeneral Serrano, convocou eleccións a Cortes Constituíntes que se celebraron do 15 ao 18 de xaneiro de 1869 por sufraxio universal (só votaban os homes maiores de 25 anos). A victora, con 236 deputados, foi para a coalición gobernamental monárquico-democrática, formada por unionistas, progresistas e demócratas monárquicos , mentres os republicanos federais obtiveron 85 deputados e os carlistas 20. Esta vitoria foi debida a unha "intromisión" do goberno nas eleccións, tal como a maioría dos historiadores defenden actualmente. 

O caso é que durante a celebración da sesión celebrada o 6 de abril de 1869, nas Cortes Constituintes, acordáronse e tratáronse unha serie de cuestións, bastantes cuestións. Entre elas, entre esas cuestións acordouse pasar as comisións respectivas as diversas exposicións entre as que había unha presentada, tal como publícase no diario El Pensamiento Español, o 7 de abril de 1869, por un tal ... 

“Sr. Chao, de los comités republicanos y Ayuntamiento popular de la villa de Junquera​ de Ambia y del pueblo de TABOADELA provincia​ de Orense, y vecinos do los mismos distritos municipales, de los de Villar de Barrio, Baños de Molgas, Paderne y Sandianes, solicitando que se consigne en el Código fundamental de la nación la declaración de los derechos del hombre y de las libertades públicas, la completa independencia de la Iglesia y del Estado, la supresión de las contribuciones de consumos y capitación, y quintas, la mas completa descentralización política, administrativa y económica, y por último, que se proclame como forma de gobierno la república federal” 

Resumindo, o noso concello, hai 150 anos, solicitou nas Cortes Nacionais, xunto con outros concelhos veciños: 
  1. O recoñecemento dos dereitos do home e do respecto ás súas liberdades publicas 
  2. A independencia entre Igrexa e Estado 
  3. A supresión dos impostos ao consumo e á capitación (imposto polo cal toda persoa suxeita a el debe pagar exactamente a mesma cantidade de diñeiro, independentemente de cal sexa a súa renda) 
  4. A supresión das quintas (recrutamento forzoso) 
  5. A descentralización política, administrativa e política do Estado 
  6. A proclamación da Republica Federal (chegaría 4 anos mais tarde) 

Como poderedes observar, en España levamos xa un tempo dándolle volta aos mesmos temas, ás mesmas cuestións,...Algunhas vanse superando, outras vanse reconducindo e outras vanse utilizando para impedir que todo vaia un pouquiño mellor... o caso e ir tirando 

O que si me parece que e para sentirse orgulloso que o nos concello mostrara esa capacidad de para adiantarse los tempos, de defender principios que hoxe son indiscutibles e que o fixera nas Cortes.





Comentarios