Carta aberta do alcalde Álvaro Vila*



Non é habitual que eu me exprese neste medio para rebater ou matizar opinións que se verten sobre a actividade política do goberno que teño a honra de presidir, pero creo que neste caso debo facer algunhas matizacións dentro do respecto que me merecen as mesmas. 

No mes de Xuño, despois das eleccións municipais, eu lles fixen a mesma pregunta tanto ao concelleiro de Veta Taboadela como ao de Ciudadanos Taboadela: “Vimos dunha larga escuridade neste concello,isto ou o arranxamos entre todos, ou pechamos a porta. Si queres ser útil e achegar podes entrar no goberno.” Roberto de CS dixo que quería facer cousas para o concello, e así o está facendo, e VETA nos comunicou que soamente entraría no goberno si era a única noiva do baile, e que non quería a CS no goberno, pois precisaba visibilizar o seu traballo para sobrevivir como grupo. 

E si, hoxe son culpable de escoller a un grupo de homes e mulleres que están a facer un traballo fantástico para o concello (Tte.. alcalde incluído). 

Son culpable de que este grupo de goberno fora capaz , sen partidas orzamentarias, de conseguir que a piscina recadara bastante mais que outros anos, a pesar do mal tempo deste verán, por mor de actividades como aquagym, contacontos, a iniciativa á lectura ou inchables. 

Son culpable de que Esther Montecelo, a concelleira de lecer, xuventude e tempo libre, fose quen, en tempo récord, de organizar un campamento de verán cun gran éxito, con excursións a hípica de Allariz, Castrelo de Miño, Ridimoas e a praia. 

Tamén me declaro culpable de que fósemos quen de facer unha Semana Cultural exitosa, sen partida orzamentaria, cine incluído. 

Tamén me declaro culpable de que Aidita Menor Vila, concelleira de servizos sociais visite xunto á traballadora social os domicilios interesándose pola calidade do servizo que prestamos. Tamén me declaro culpable de que a Escudería Taboadela fixese esa extraordinaria labor, con Roberto á fronte, para levar a cabo a II subida a Taboadela. 

Tamén me declaro culpable de cambiar os servizos administrativos para a planta baixa e ser así mais funcionais. NINGUÉN espera polos certificados, NINGUÉN ten impedimento para falar co alcalde, nin presencialmente, nin por teléfono, nin en festivo, nin en festas de gardar. 

Tamén me declaro culpable de cambiar o arquitecto, SI, de cambialo. Hai que ser ben incoherente para cuestionar semellante medida! 

Tamén me declaro culpable de garantir, de acordo coa ANPA, a atención temperá na escola infantil, agora e sempre! 

Tamén me sinto culpable de que Jose, o concelleiro de obras públicas, esté a dotar o concello cos medios axeitados, para ser mais eficiente nos traballos a realizar. 

Tamén me declaro culpable de poñer as bases, para dispoñer dunha Axencia de Lectura, enriba do centro de saúde, mais pronto que tarde. 

Tamén me declaro culpable de empezar a poñer en valor os nosos rueiros e camiños, empezando, SI, pola Rabeda por mor da xornada de interpretación do camiño de Santiago. 

Tamén me considero culpable de querer humanizar os nosos pobos, de querer reducir o consumo enerxético e ser mais sostibles. 

Tamén me declaro culpable de atender aquelas pequenas cousas, pero tan necesarias para algúns como restaurar o lavadoiro do Barrio, engadir ou cambiar colectores de lixo,ou colocar unha marquesiña para uns nenos en Ribo.... 

Tamén me considero culpable de asinar un convenio ca fundación Amigos de Galicia para dar sostén as persoas necesitadas e seguir un itinerario laboral con aquela xente que ten dificultades para atopar traballo. 

Tamén me considero culpable de que o pavillón esté cheo de actividades de luns a sábado,e os/as veciñas gocen delas. 

Tamén me declaro culpable por pasar a cobrar unha dedicación parcial do 50% polo traballo que realizo a diario como alcalde neste Concello e por adicar moitas mais das 20 horas mínimas establecidas no acordo. 

E declárome culpable de rachar cunha tendencia de 47 anos de goberno, onde algúns se sentían mais cómodos aínda estando na oposición. 

Para rematar, quixera invitar a algúns a deixar de facer esa oposición tan "construtiva". 

SALGAN E FALEN COS VECIÑOS, ACHEGUEN, SUMEN E SEGURO QUE ENTRE TODOS FAREMOS UNHA TABOADELA MELLOR E MAIS AGRADABLE PARA VIVIR! 



Alvaro Vila Araujo.





*Carta que nos fixo chegar Alvaro Vila e que gustosamente facémola chegar a todos os nosos seguidores sendo fieis á nosa filosofía de dar oportunidade da calquera que teña algo interesante que contar sobre Taboadela

Comentarios