Batida de lobos


Foi durante o verán de 1953. Os veciños de Taboadela e de Allariz sufrían a presenza do lobo que deambulaba por montes e leiras, por camiños e pobos. Ante esta ameaza 61 pobos únense para realizar varias batidas o domingo 19 de xullo que os libre da devandita ameaza. E así o conta “El Pueblo Gallego”:

“Non é a fantasía do xornalista a que tece un conto de bruxas, nin sementa a alarma entre os lectores con temas propios de cantares de cegos. A realidade con toda a rudeza dos feitos, que superan nalgún caso o previsible entra pola porta grande da información para asomar aos lectores en forma de noticia de actualidade. 

A zona dos concellos de Allariz e Taboadela, foi este ano moi castigada con lobos que algúns de gran tamaño sementaron o pánico levándose non só animais, senón atacando ás persoas. Está moi recente o caso dunha nai que acompañada dos seus dous fillos gardaba unhas ovellas unha tarde do mes pasado. Unha loba de gran tamaño irrompeu de súbito e levou na boca ao máis pequeno dos seus fillos, que deixaba medio morto, con graves feridas na cabeza, a poucos pasos do lugar do suceso. 

ORGANÍZASE UNHA BATIDA 

Os pobos daquela comarca, sobre todo os lindeiros coas estribaciones da serra de Santa Mariña, pensaron en dar unha batida a estas feras en defensa das súas vidas e das súas propiedades. 

Obtiveron permiso do Sr. Gobernador civil, e con determinadas condicións, han de participar na batida cantas persoas útiles estean comprendidas entre os 18 e os 60 anos. 

61 POBOS UNIDOS 

Fixouse a data do 19 de xullo próximo, pois para entón calcúlase recollidas as colleitas fundamentais nesta comarca e xa pode organizarse a batida. 

Participarán nela os veciños de Armea, Duci, Layoso, Outeiro de Laxe, Santa Mariña, Souto, Tosende, Turzas, Vila, O Paseo, Priera, A Matogueira, Orraca, Outeiro, Casasnovas, Espiñeiros, Louras, San Esteban, Vilardeflores, A Cal, Coira, Enfestela, Folgoso, Guede, Rairiz de Abaixo, Rairiz de Arriba, Gundías, Condes, Curuxeira, Pedreira, San Vitorio, Tabernas, Acea, Fondevila, O Pazo, Rial, Tellada, todos eles do Concello de Allariz.

Do Concello de Taboadela, Abeleda, Pazos, Silvosiño, Silvoso, Sotomaior, Barrio, Lavandeira, Pazos, Quintas de Abaixo, Quintas de Arriba, San Fiz. Taboadela, Castro, Covelino, Xocillos, Mingaraveiza, Pumar, Vila, Toran, A Igrexa. Rivo e Seara. 

ESTRATEXIA 

Se organizou debidamente a batida para que resulte eficaz e non haxa ningún accidente por imprevisión. 

Haberá dous grupos, os batidores que irán provistos de aixadas, pinzas, bucinas, cornos e en xeral todo obxecto que produza ruído e os cazadores, formado por aquelas outras persoas que coa súa correspondente licenza, leven escopeta. 

A batida xeral levará unha soa dirección e proponse introducir ás feras no monte de Santa Mariña ou Folgoso. A segunda batida dará comezo unha hora máis tarde que a primeira e será seguida doutra que comezará ao oito da mañá. A cuarta batida de exterminio, farase na estrada de Santa Mariña e Camiño de Gundiás á Coira e Vereda de Santa Mariña”.



Comentarios