E dous anos despois... (Alvaro Vila)
![]() |
Pídennos que fagamos unha valoración do traballo feito no ecuador deste mandato, que naceu cheo de ilusión e compromiso, os cales se manteñen intactos e reforzados se cabe. Que mellor que facer un repaso polas actuacións e xestións realizadas ata a fecha.
- Servizos administrativos: Reestruturación tanto física como operativa no Concello cun fin último: Funcionalidade e accesibilidade.
- Medio ambiente:
- Solicitada, concedida e a punto de licitarse, o cambio por luces led de todo o Concello (270.000 euros)
- Solicitada, concedida, licitada e executada a dotación de placas fotovoltaicas a depuradora do Amendo ( 50.000 euros)
- Solicitada o cambio de carpintería por outra mais eficiente enerxeticamente do edificio de Concello.
- Executada o cambio por luces led da iluminación do pavillón.
- Firma do convenio coa Confederación hidrográfica para sanear e depurar as augas de 5 puntos (Alto de Taboadela, Palacio, Venda Nova, Veredo e Tres Xarros) por 40.000 euros a redacción do proxecto e unha estimación de700.000 a execución da mesma.
- Instalación de colectores para a recollida de aceite usado.
- Aldea Modelo. Aprobada a solicitude para o pobo e o entorno do Covelo. Procedemos a recabar a autorización do 70% dos propietarios para levar a cabo a mesma.
- Limpeza e recuperación de diversos camiños por toda a contorna.
- Urbanismo:
- Cambio de arquitecto para ser mais dinámicos e efectivos. Asesoramento Urbanístico proactivo.
- Aceptadas e rexistradas tres vivendas (dúas donadas e unha mercada) para rehabilitar como vivendas de aluguer social. Redactado o proxecto e solicitado a subvención, esperamos poder licitar en breve.
- Solicitada, concedida, licitada e en execución da casa de oficios en Taboadela (por un importe de execución de 80.000 euros).
- Cultura:
- Adquisición da casa reitoral como futura casa de cultura ( 50.000 euros).
- En redacción o proxecto de rehabilitación para poder licitar a obra no terceiro trimestre do ano.
- Habilitación do local e posta en marcha da biblioteca municipal.
- Celebración da "Primeira Semana Cultural" no ano 2019. A segunda tivo que ser suspendida polo Covid-19.
- Concurso anual de fotografía.
- Concurso anual literario.
- Clases e creación de grupo de teatro.
- Estruturas:
- Acondicionamento do camiño Silvoso-Silvosiño
- Humanización do pobo do Abeledo.
- Humanización do pobo de Pazos
- En redacción e próximo a licitarse a Humanización de Santa Locaia.
- Solicitado, concedido e licitado o acondicionamento do camiño da fonte de Santa Locaia.
- Solicitado, concedido e licitado o acondicionamento do camiño da Telleira-Mezquita
- Solicitado, concedido e licitado o acondicionamento do camiño de Pereiras (dende o Bar Pepita ata a ponte).
- Recuperación patrimonio etnográfico:
- O lavadoiro de Barrio.
- O lavadoiro de Pumar
- O Calvario de Pumar (en execución)
- O forno de Taboadela.
- Xuventude , ocio e tempo libre:
- Realización de actividades diversas no pavillón (zumba, pilates, fútbol sala...)
- Desenrolo de actividades no verán entorno a piscina.
- Actividades no Nadal.
- Actividades na Biblioteca Municipal.
- Campamento anual de verán. Este ano tíñamos 20 prazas e temos mais de 50 solicitudes
- Creación dun parque interxeneracional en Lama de Prado
- Servizos Sociais:
- Dende a concellería se coordinou a atención nuns momentos difíciles por mor da pandemia, intentando dar resposta a todas aquelas incidencias que foron xurdindo.
- A dia de hoxe, podemos dicir que non temos lista de espera en axuda do fogar, dando cumprida resposta as demandas actuais.
En definitiva, dous anos intensos onde o traballo conxunto do grupo de goberno permitiu crear unha dinámica ilusionante, un Concello dinámico onde queremos que a xente se asente e queira vivir. Proba dilo é que non só pechamos a sangría demográfica, senón que crecemos un 5% en poboación e o interés en construír e rehabilitar, é tal que o ICIO (imposto de construcións) a mes de xuño, leva aumentado un 450%.
Falta moito por facer, pero estamos no camiño.
Proxectos, ideas e estabilidade orzamentaria marca a línea de traballo.
Álvaro Vila Araujo.
Alcalde de Taboadela
Comentarios
Publicar un comentario