Roberto Blanco: Valoración dos dous anos de mandato municipal



Mañá cúmprense dous anos das eleccións municipais que levantaron á lista do Partido Socialista de Taboadela, liderada por Álvaro Vila, a liderar o Goberno local. Dous anos máis tarde pedimos aos distintos lideres a súa opinión sobre os dous anos transcorrido, a situación actual do concello e os plans de futuro.

Unha das persoas é Roberto Blanco, tenente de alcalde e concelleiro non adscrito ao ningunha formación política desde a súa saída de Cidadadanos

Esta é a súa resposta á nosa petición sobre a situación do noso concello

"Os catro anos que dura unha lexislatura, non se antoxan suficientes para poñer ó día ó Concello de Taboadela. As épocas anteriores non foron de moito avance na súa etapa final, e aínda que os logros foran bastantes anteriormente, o certo é que era unha inercia que ía rematando en parada. Dende o momento en que decidimos crear, hai dous anos, un goberno conxunto, fíxose con esa idea precisamente, ser un conxunto de persoas e de pareceres, traballando polo ben común que é atender às necesidades que os veciñ@s demandan, e sobre todo, poder solucionalas. 

O tempo é sempre o que marca o ritmo, e fai uns meses decidiu pararse e ralentizar todo o que se estaba facendo. A volta á normalidade anterior, antóxase mais lenta do esperado, pero podemos asegurar dende o concello que é segura. Volveremos ós proxectos que tiñamos ideados, sobre todo no eido cultural. Tamén a premura que teñen camiños e o entorno máis cercano de ser arranxados ou postos en mellor valor. 

Dotar en xeral ó concello, de novas oportunidades, de vantaxes engadidas ás que xa ten o rural de por si é un dos piares sobre os que se asentan as nosas futuras accións. Non soamente queremos incrementar poboación, que xa está sucedendo, senón tamén dar ferramentas ás persoas para que lles axuden a decidirse por Taboadela como un lugar próximo para vivir A enumeración das accións que se levan feito é algo que non só nos enche e satisface, senón que primordialmente nos anima a impulsar aínda máis o que está por facerse, e esa é a mellor parte deste mandato. En definitiva, este "matrimonio consistorial" que se formalizou hai dous anos segue coa mesma ilusión e as mesmas gañas que ó principio, e con moitas máis para o que queda pero sobre todo segue apoiándose en algo tan fundamental e común a todos os matrimonios que é o RESPETO......polas xentes, polas ideas da xente, pola institución en si mesma, por aglutinar e non dividir, polo traballo, e polas diferentes formas en que todos os que integramos o grupo de goberno entendemos a política municipal. 

Seguiremonos vendo...gracias".

Comentarios