Petróglifos de Taboadela


Son os petróglifos unha representación gráfica gravada nas rocas ou pedras, un conxunto de gravados rupestres ao aire libre, cunha simboloxía complexa e difícil de interpretar. A palabra provén dos termos gregos petros (pedra) e glyphein (taller) e foi na súa orixe acuñada en francés como pétroglyphe.

En Galicia o petróglifos son unha das representacións máis xenuínas da nosa arte prehistórica. Utilizar a expresión estilo atlántico é máis completo que referirse só a grupo galaico de arte rupestre (III-II milenio a. de C) posto que devandito estilo esténdese desde o norte de Portugal até o norte das Illas Británicas incluíndo Galicia e Irlanda

Atópanse petróglifos en todos os lugares planeta, estes son de distintas épocas históricas, En Galicia, a gran maioría pertencen á Idade dos Metais, e especialmente da Idade do Bronce (entre 2.000 a. C e 1.800 a. C).

No libro “Petroglifos inéditos dás comarcas de Ourense e de Allariz-Maceda”, publicado por José Antonio Gavilanes Blanco, quen foi o que descubriu, catalogou e publicou todo o relativo os petroglifos e cazoletas que temos en Taboadela e que relacionamos a continuación

1.- PETROGLIFOS DE MINGARABEIZA

Xacemento da Idade do Bronce situado na zona de As Penas, ao sur de Taboadela, a uns 450 metros, na cabeceira dun val, na marxe da estrada que comunica coa OU-40. Os motivos aparecen representados na parte superior dun afloramento granítoco sobre unha ladeira de monte, nun contorno de monte baico de xestas e bosque de carballos e piñeiros.

Diferencianse varios conxuntos formados por círculos concéntricos e coviñas:
  • Grupo 1: 2 círculos concéntricos con coviña central
  • Grupo 2: 2 círculos concéntricos con coviña central
  • Grupo 3: 2 círculos concéntricos con coviña central
  • Grupo 4: 3 círculos concéntricos con coviña central, o maior deles con radio











2.- PETROGLIFO MONTE DO CASTRO
  • Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre, 
  • Concello: Taboadela 
  • Parroquia: Taboadela (San Miguel) 
  • Lugar: Monte do Castro 
  • Outra denominación do ben: 
  • Cronoloxía: Idade do Bronce, 
Descrición:

No outeiro do Monte do Castro, preto da piscina municipal, encóntrase un grupo de penedos coa superficie superior redondeada.
Un de eles ten espalladas pola súa superficie unha ducia de cazoletas dun tamaño medio 5cm de diámetro.
Este penedo está invadido de mofo, o que dificulta a vision de estes ocos.









3.- PETROGLIFOS DE PEREIRAS

Unha mención especial merecen os petroglifos que se concentran na zona de Pereiras e da Rabeda e que relacionamos a continuación



PETROGLIFO DE PEREIRAS I 

  • Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
  • Concello: Taboadela
  • Parroquia: Rabeda (Santiago)
  • Lugar: Pereiras
  • Outra denominación do ben:
  • Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Grupo de tres laxas de granito, nas cales podemos atopar varios grupos de círculos concéntricos e grupos de cazoletas de diversos tamaños e ademais algún suco gravado.

Teñen un gran desgaste, sobretodo unha delas, xa que o camiño pasa por enriba incluso de un dos grupos de círculos concéntricos.

Ademais esta era unha zona utilizada como aira para mallar o centeo, ao ser as laxes moi planas.








PETROGLIFO DE PEREIRAS II 
  • Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
  • Concello: Taboadela
  • Parroquia: Rabeda (Santiago)
  • Lugar: Pereiras
  • Outra denominación do ben:
  • Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Trátase dun afloramento granítico formado por un batolito de grandes dimensións, sobre a súa superficie atopamos varios grupos de cazoletas.

Podémolas ver nalgún caso aliñadas e noutros agrupadas. Son de diversos tamaños, aínda que non moi grandes.

Vemos abundantes marcas de cantería no penedo, polo que é posible que se estragara parte do petróglifo.












PETROGLIFO DE PEREIRAS VI

  • Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
  • Concello: Taboadela
  • Parroquia: Rabeda (Santiago)
  • Lugar: Pereiras
  • Outra denominación do ben:
  • Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Penedo de dimensións considerables do que só se conserva a súa parte central, xa que por un lado sacáronlle parte para facer unha pista, e polo outro lado o que falta foi empregado para cantería.

Nesta parte que se conserva, podemos ver aproximadamente dúas ducias de cazoletas espalladas pola súa superficie.

Son de tamaño medio, 4-5 cm, e están moi desgastadas.

Este é un petróglifo inédito.











PETROGLIFO DE PEREIRAS VII
  • Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
  • Concello: Taboadela
  • Parroquia: Rabeda (Santiago)
  • Lugar: Pereiras
  • Outra denominación do ben:ÇCronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Pequeno afloramento granítico de uns 3×2 metros e de escasamente 1 m de altura, sobre o que podemos ver varias cazoletas dun tamaño medio entre 4 e 6 cm.

Catro das máis pequenas, atópanse agrupadas formando unha especie de cruz, están unidas entre si por dous sucos en cruz, posiblemente posteriores a elas.

Polo resto do penedo, podemos ver outras cazoletas espalladas e individuais.

Este petróglifo é inédito.







PETROGLIFO DE PEREIRAS VIII
  • Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
  • Concello: Taboadela
  • Parroquia: Rabeda (Santiago)
  • Lugar: Pereiras
  • Outra denominación do ben:
  • Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Trátase dunha peneda de uns 6 metros de longo por 3 de ancho e de pouca altura, sendo bastante plana na súa superficie superior.

Nela podemos ver gran cantidade de cazoletas espalladas por toda a súa superficie, con sucos entre elas e varios dibuxos de distinta tipoloxía.

Debido a que esta moi chea de musgo, non se aprecian moi ben.

E un petróglifo inédito, sendo o seu achádego fortuito, polo que non se coñece moito.

Sería interesante facer unha limpeza da peneda para poder ver a súa magnitude.

Foto de José Antonio Gavilanes


Foto de José Antonio Gavilanes


PETROGLIFO DE PEREIRAS IX
  • Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
  • Concello: Taboadela
  • Parroquia: Santiago da Rabeda (Santiago)
  • Lugar: Pereiras
  • Outra denominación do ben:
  • Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Saínte rochoso formado por dúas penedas grandes e algunha pequena entre elas. Nas dúas maiores pódense ver varias cazoletas espalladas pola súa superficie, con algún suco unindo varias. Os tamaños son variados, oscilando entre os 3 centímetros e os 8.

Na pequena peneda incrustada entre as maiores vense varias cazoletas cun tamaño duns 4 centímetros de diámetro, estas están todas apiñadas na zona superior.












PETROGLIFO DE PEREIRAS X
  • Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
  • Concello: Taboadela
  • Parroquia: Santiago da Rabeda (Santiago)
  • Lugar: Pereiras
  • Outra denominación do ben:
  • Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Sobre unha gran rocha duns 7 metros de largo por 3 de ancho e 2 de altura localízanse varias cazoletas repartidas pola súa superficie. Ademais, tamén ten un profundo suco que une unha cazoleta de uns 7 centímetros con outra de 4. O resto de cazoletas varía entre os 8 e os 3 centímetros.













PETROGLIFO DE PEREIRAS XI
  • Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
  • Concello: Taboadela
  • Parroquia: Rabeda (Santiago)
  • Lugar: Ponte dos Carros
  • Outra denominación do ben:
  • Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Na beira esquerda do río Barbaña que pasa por Pereiras atopamos esta peneda con forma esférica aínda que a parte superior está aplanada.

Nesa parte superior ten catro cazoletas cun tamaño aproximado de 6 cm., unha delas de pouca profundidade, aliñadas en dirección Este-Oeste, ten algunha máis polo lateral Sur.

Polo lado sur ten un suco que atravesa toda a peneda oblicuamente, que na súa parte alta retórcese arredor dun pequeno saínte que ten a pedra, podería ser un serpentiforme, aínda que a súa maior parte sexa rectilínea.

O estar en zona húmida e sombría, atópase cheo de musgo, o que dificulta a vision do conxunto.

Foto de José Antonio Gavilanes

PETROGLIFO DE PEREIRAS XII
  • Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
  • Concello: Taboadela
  • Parroquia: Rabeda (Santiago)
  • Lugar: Ponte dos Carros
  • Outra denominación do ben:
  • Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Na zona coñecida como Ponte dos Carros, na beira esquerda do Barbaña temos esta peneda de uns 3,5 m. de longo por 2 m. de ancho e unha altura próxima a 1 m., na que a parte superior é bastante aplanada.

Na parte superior distínguense polo menos catro cazoletas cun tamaño entre 5 e 6 cm., espalladas sen orde aparente.

Cumpriría unha limpeza de toda a peneda para comprobar a existencia de máis gravuras.










PETROGLIFO DE PEREIRAS XIII
  • Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
  • Concello: Taboadela
  • Parroquia: Rabeda (Santiago)
  • Lugar: Ponte dos Carros
  • Outra denominación do ben:
  • Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Na mesma zona dos petróglifos Pereiras XI e Pereiras XII da Ponte dos Carros, atopamos esta peneda con tres cazoletas dun tamaño de uns 5 cm. de diámetro, dúas delas moi próximas e outra un pouco separada.

As tres forman unha liña norte-sur.

Está a escasos metros do río Barbaña.









PETROGLIFO DE PEREIRAS XIV
  • Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
  • Concello: Taboadela
  • Parroquia: Rabeda (Santiago)
  • Lugar: Fonte Durla
  • Outra denominación do ben:
  • Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Nun dos laterais dunha lameira na zona de Fonte Durla atopamos un grupo de penedas de pouca altura nas que se aprecian varias zonas con gravuras.

Esta en cuestión ten uns 8 m. de longo por 4 m. de ancho e podemos ver claramente cazoletas agrupadas en tres zonas da súa superficie.

A que máis chama a atención e unha concentración de unha ducia de coviñas duns 6 cm. de diámetro agrupadas debuxando unha especie de cruz latina.

Noutra zona podemos ver outro grupo de covas do mesmo tamaño, pero esta vez aliñadas en dirección nacente poñente.

Aínda podemos ver algunha cazoleta máis espallada pola peneda








PETROGLIFO DE PEREIRAS XV
  • Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
  • Concello: Taboadela
  • Parroquia: Rabeda (Santiago)
  • Lugar: Fonte Durla
  • Outra denominación do ben:
  • Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

En un dos laterais de unha lameira na zona de Fonte Durla atopamos un grupo de penedas de pouca altura nas que se aprecian varias zonas con gravuras.

A que vemos agora de forma alongada e esférica na súa parte superior, ten dúas zonas con coviñas.

A parte mais elevada na que distinguimos unhas oito, de uns 5 cm. de diámetro, que non teñen moita profundidade, polo desgaste da pedra.

Logo ten outra zona na que aparecen varias cazoletas de pequeno tamaño espalladas, non e doado de velas por estar a pedra chea de liques.










PETROGLIFO DE PEREIRAS XVI

  • Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
  • Concello: Taboadela
  • Parroquia: Rabeda (Santiago)
  • Lugar: Fonte Durla
  • Outra denominación do ben:
  • Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

En un dos laterais dunha lameira na zona de Fonte Durla atopamos un grupo de penedas de pouca altura nas que se aprecian varias zonas con gravuras.

Na mais próxima a o río Barbaña, distinguimos unha coviña de gran tamaño, uns 8 cm. de diámetro, e un pouco separadas de esta ten tres ou catro de moito menos tamaño, semi-ocultas polos liques.






PETROGLIFO DE PEREIRAS XVII
  • Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
  • Concello: Taboadela
  • Parroquia: Rabeda (Santiago)
  • Lugar: Fonte Durla
  • Outra denominación do ben:
  • Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

En un dos laterais dunha lameira na zona de Fonte Durla atopamos un grupo de penedas de pouca altura nas que se aprecian varias zonas con gravuras.

Un dos mais sinxelos petróglifos de esta zona, formado por catro cazoletas igualadas dúas a dúas no tamaño.

Un par de elas de gran tamaño, uns 8 ou 9 cm. de diámetro, mentres as outras dúas con uns 4 ou 5 cm.








PETROGLIFO DE PEREIRAS XVIII
  • Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
  • Concello: Taboadela
  • Parroquia: Rabeda (Santiago)
  • Lugar: O Mato
  • Outra denominación do ben:
  • Cronoloxía: I
Descrición:

Nunha pasteira próxima ao río Barbaña na zona coñecida como O Mato, atopamos un afloramento granítico formado por tres penedas nas que se aprecia unha das gravuras máis rechamantes da zona.

Trátase de unhas 45 cazoletas de un tamaño bastante regular, uns 5 cm. de diámetro que se sitúan maiormente na peneda máis alta. Varias delas están unidas por un suco de ancho e profundidade similar as cazoletas.

Tamén podemos ver outras coviñas de menor tamaño na peneda situada máis a o sur.













4.- OUTROS PETROGLIFOS


PETROGLIFO T-1
  • Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
  • Concello: Taboadela
  • Parroquia: Rabeda (Santiago)
  • Lugar: Pereiras
  • Coordenadas: 42.2608465029084, -7.806694431831622
  • Outra denominación do ben:
  • Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cando tratamos de localizar o Petroglifo de Pereiras VIII, a escasos metros dun regato de auga que vaia ao Rio Barbaña, na parte norte con terreno de pastos atopamos una peneda que sobresaía do chan de 2 metros de longo por 1 metro de ancho, sendo bastante plana, con un pequeno conjunto de cazoletas (3) espalladas por toda a súa superficie

Trátase dun petróglifo inédito, sendo o seu achádego fortuito, polo que non se coñece moito.






PETROGLIFO DE O MATO

  • Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre
  • Concello: Taboadela
  • Parroquia: A Touza (San Xurxo) 
  • Lugar: O Mato 
  • Outra denominación do ben: 
  • Cronoloxía: Idade do Bronce, 
Descrición:

Nun pasteiro próximo ó río Barbaña na zona coñecida como O Mato, atopamos varios afloramentos graníticos. Nun de eles descubrimos un penedo de uns cinco metros de longo por preto de dous metros de ancho e sobresaindo pouco mais de un metro do terreo.

O seu lombo superior está orientado de norte a sur, e sobre el están representadas as gravuras. Estas están formadas por varias coviñas moi desgastadas, con sucos unindo varias de elas. Entre estas gravuras, aprecianse de unha forma moi diluida o que poderían ser representacións moi simples de formas humanas, que solo intuimos cando vemos a fotogrametría.

Esta peneda está situada a poucos metros da posible pedrafita do Mato.



























PETROGLIFO DE O COVELIÑO

  • Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre
  • Concello: Taboadela
  • Parroquia: Rabeda (Santiago)
  • Lugar: O Coveliño (O Covelo)
  • Cronoloxía:
Descrición: 

Nun prado ao sur da localidade de Ou Covelo, moi preto onde antigamente atopábase Ou Coveliño, atópase varios afloramientos graníticos. Un deles, situado no medio do terreo, duns 3 metros de longo por metro e medio de ancho, aproximadamente, e sobresaíndo un pouco mais dun metro do chan ten  que no seu parte superior presenta dous coviñas, bastante desgastadas.








Fontes:







Comentarios

  1. José Antonio Gavilanes
    O home que fala cos penedos
    Recorre outeiros
    Na procura das marcas
    Dos antergos
    Vai polos rueiros
    Estudando
    E sinalando
    Os petróglifos

    Pra que nós,
    O pobo
    Non esquezamos
    A istoria,
    Ese pasado
    Símbolos
    que hai que respetalos

    Parabéns!
    Grande traballo

    ResponderEliminar

Publicar un comentario