A TORRE DE TORÁN: HISTORIA E PATRIMONIO
A Torre de Torán, situada no lugar de A Seara, no municipio de Taboadela, é un dos restos máis misteriosos e esquecidos da historia medieval galega. Erguida probablemente entre os séculos XIII e XV, esta fortificación de planta rectangular, hoxe en ruínas, foi un punto estratéxico de vixilancia e control das rutas que unían Galicia con Castela. A súa ubicación privilexiada permitía supervisar o paso de viaxeiros e mercadorías nun contexto de continuos conflitos e alianzas nas terras de fronteira. E baixo os seus cimentos agochase un segredo, un camiño oculto que algúns presentan como parte da lenda, pero que algún vecinos aseguran que, cando eran nenos, percorrían en segredo. Este camiño, segundo tanto a Glenda como os relatos dos veciños, foi testemuña de conspiracións, vinganzas e fuxidas.
Arquitectura e Características da Torre
A Torre de Torán presenta unha arquitectura típica das fortificacións medievais galegas, cunha planta rectangular e unha estrutura de pedra que lle confire gran solidez. Con aproximadamente 10 metros de altura e 8 metros de lonxitude por 6 metros de ancho na súa base, a torre foi construída principalmente en mampostería de granito, material común na arquitectura medieval galega.
A fortaleza estaba deseñada como un punto de vixilancia e defensa. No seu orixe, contaba cun acceso elevado, probablemente a través dunha escaleira de madeira ou pasarela, que permitía aos defensores acceder á planta superior sen exposición ao ataque directo. A planta baixa servía para almacenar provisións e ofrecer refuxio, mentres que a planta superior funcionaba como zona de vixilancia e habitación para os señores ou gardas da fortaleza.
As paredes da torre, con espesor considerable nalgúns puntos, son un exemplo claro da fortaleza e resistencia das construccións militares da época. A súa estrutura, aínda que en ruínas, permite intuir a grandiosidade da fortaleza.
Reutilización das Pedras da Torre
Ao longo dos séculos, a Torre de Torán sufriu o desgaste do tempo e a acción humana. As pedras que conformaban a súa estrutura foron extraídas e reutilizadas en diversas construccións locais, unha práctica común en Galicia. Este reaproveitamento contribuíu á desaparición parcial da torre, dificultando a súa restauración posterior. A reutilización de materiais, común na época, reflicte a escasa prioridade que se daba á conservación do patrimonio, ao tempo que subliña a relación entre a torre e as comunidades locais, que continuaron formando parte do seu legado histórico.
O Privilexio de Alfonso VII (1145)
O privilexio de Alfonso VII, un documento redactado en latín, é fundamental para comprender a historia destas terras. Nel, o monarca concede ao Mosteiro de Celanova un conxunto de propiedades e dereitos, entre os cales se inclúe a poboación de Toeram. Este privilexio reflicte a importancia estratéxica e económica da rexión e a vontade do rei de reforzar a autoridade monástica.
Texto en latín:
“In nomine Domini. Sit futuris et presentibus manifestum quia ego Adefonsus Hispaniae imperator una cum uxore mea Berengaria, grato animo voluntate spontanea nemine cogente, pro peccatorum meorum remissione et animae meae parentum meorum salute: pauca de multis quae mater mea abstulit, Monasterio Cellenove dono atque restituo Deo et glorioso confessori Rudesindo, domnoque Pelagio Abbati eiusdem Monasterii, suisque successoribus castellum Sanctae Crucis cum suis pertinentiis et cum omni sua hereditate, et sua voce. Similiter montem Leporarium cum omni sua directura. Corroboro etiam cautum ipsius Monasterii cum suis terminis et locis antiquis sicut illum confirmaverunt et stabilierunt alii Reges qui ante me fuerunt quorum testamenta propria manu roboravi. Confirmo et corroboro alios cantos eiusdem Monasterii scilicet cautum de Baronceli, de Paredes, de Atanes, de Petragio, de TOERAM, de Gargantones, de Rauanal, de Ganadi, de alio Ganadi, de Ripario Limie, et Sancta Columba de Grou, de Foramontanos, de Froyan, de Matamala, de Eclesiola, de Ripa Minei, quomodo dividet per pennas de Saxoi, deinde per equam longam usque ad alium cautum quem posuimus in Garciam, deinde ad Bugaleiram, deinde inter Soutelum et Lauretum, usque ad illum Campum de Molendino ubi fiximus alium cautum, deinde ad Vultureiram ubi est alter cautus, deinde descendit inter Sanctum Benedictum et Mereis usque ad illos naseiros qui sunt super vadum, deinde per mediam venam fluminis usque ad canalem inter Debam et Taadrum, deinde ad Barreirum de Abileira deinde ad pennas de Saxoi.”
Tradución ao galego:
"En nome do Señor. Sexa manifesto aos presentes e futuros que eu, Alfonso, emperador de España, xunto coa miña esposa Berenguela, de vontade libre e espontánea, sen ningunha coacción, pola remisión dos meus pecados e pola salvación da miña alma e das dos meus pais, devolvo ao Mosteiro de Celanova, a Deus e ao glorioso confesor Rudesindo, e ao señor Pelagio, abade dese mosteiro, e aos seus sucesores, o castelo de Santa Cruz con todas as súas pertenzas e toda a súa herdanza e xurisdición, así como a súa voz para que o administren e gocen delas. De igual maneira, cedo o monte Leporarium con toda a súa xurisdición e dirección. Confirmo tamén os dereitos e os límites do Mosteiro de Celanova, tal como foron establecidos e confirmados por outros reis que me precederon, e que foron ratificados e selados polos seus propios testamentos, asinados coa súa man. Igualmente, confirmo e corroboro outros territorios do Mosteiro, tales como os de Baronceli, Paredes, Atanes, Petragio, Toeram, Gargantones, Rauanal, Ganadi, outro Ganadi, o río Limia, Santa Colomba de Grou, os Foromontanos, Froyan, Matamala, Eclesiola, Ripa Minei, e os que dividen a terra a través das penas de Saxoi, continuando até o outro límite que fixamos en Garciam, logo pasando por Bugaleiram, e seguindo entre Soutelum e Lauretum, ata chegar ao Campo de Molendino, onde fixamos outro límite; logo, o límite baixa entre San Benito e Mereis, ata chegar aos lugares situados sobre o vado, seguindo polo medio do cauce do río ata o canal entre Debam e Taadrum, e despois á Barreira de Abileira, e despois ás penas de Saxoi.”
O Señor Rebellón e a Torre de Torán
Rebellón foi un nobre galego que desempeñou un papel destacado nas terras de Torán e nas comarcas circundantes durante o século XIV. A súa familia consolidou un poder significativo na rexión mediante a posesión de terras e castelos, sendo a Torre de Torán un dos seus principais feudos. A súa vinculación coa torre suxire que a utilizou como centro de poder e vixilancia.
Rebellón foi un señor local que, segundo algúns documentos históricos, manteña relacións cos grandes monarcas da época e estableceu alianzas cos nobres galegos e casteláns, o que lle permitiu ampliar a súa influencia. A súa relación co Mosteiro de Celanova tamén foi clave, pois a súa familia estaba vinculada á igrexa, o que lles proporcionaba estabilidade.
A Torre de Torán, durante o tempo en que Rebellón foi señor da zona, simbolizaba o seu poder e autoridade. A fortaleza non só serviu como punto de defensa, senón tamén como unha manifestación do control sobre as terras fronteirizas. A súa familia, de carácter belicista, foi un actor importante nas loitas territoriais que marcaron a historia da Galicia medieval.
Unha Nova Esperanza para a Torre de Torán
A recente noticia publicada por La Voz de Galicia anunciou que o Concello de Taboadela recuperará a Torre de Torán, o seu principal elemento patrimonial. A torre, catalogada como Ben de Interese Cultural (BIC), atópase en estado de ruína desde hai anos e está incluída na Lista Roja de Patrimonio. A compra da torre foi apalabrada polo goberno local, que se propón restaurar a fortaleza e mellorar o seu acceso para visitas.
A Torre de Torán, que data entre os séculos XIII e XV, está situada na parroquia de Santa María de Torán, nun alto no lugar de A Seara, preto do antigo camiño medieval cara a Castela. A súa importancia estratéxica queda patente na súa localización e na súa estrutura, que presenta un arco de acceso con tímpano de peza única e dúas ventás rectangulares gemelas.
A pesar do seu deterioro, o Concello ten en mente realizar unha intervención importante para mellorar o estado da torre e do seu entorno. O primeiro paso será asentar a estrutura, que presenta risco de colapso, e logo procederá á restauración. O goberno local buscará colaboración das delegacións de Patrimonio e Cultura da Xunta de Galicia para facer fronte á importante inversión que supoñerán as obras, co fin de revalorizar o maior elemento patrimonial do municipio.
Comentarios
Publicar un comentario