VI CONCURSO FOTOGRAFICO DO CONCELLO DE TABOADELA: "UNHA HISTORIA NUNHA IMAXE"
O Concello de Taboadela convida un ano máis a todas as persoas afeccionadas e profesionais da cámara a participar na sexta edición do seu certame fotográfico, que nesta ocasión se presenta baixo o suxestivo lema "Unha historia nunha imaxe". Con esta nova convocatoria, o municipio busca capturar non só a beleza estética da nosa contorna, senón tamén a capacidade narrativa da fotografía para transmitir relatos e emocións a través dun único encadre. Aqueles interesados en compartir a súa visión persoal poderán presentar un máximo de tres fotografías, remitíndoas por correo electrónico ao enderezo habilitado para tal fin. O prazo de recepción de orixinais permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de maio, ofrecendo así tempo suficiente para que os participantes exploren a súa creatividade e atopen esa imaxe única que logre falar por si mesma. A continuación, compartimos os detalles técnicos, requisitos e normativas que rexen este certame nas seguintes bases oficiais.
BASES DO CONCURSO
- PARTICIPANTES: Poderán participar no concurso calquera persoa residente en España, con excepción dos membros do xurado, así como os empregados do Concello de Taboadela.
- TEMA: O tema do VI concurso de fotografía do Concello de Taboadela será "UNHA HISTORIA NUNHA IMAXE". As fotografías deberán contar unha historia completa nunha única imaxe, transmitindo emocións, situacións ou experiencias que permitan ao espectador comprender ou sentir a narrativa representada
- OBRAS: Cada participante poderá presentar un máximo de 3 obras, sendo orixinais e inéditas e non presentadas previamente noutros certames, sitios web ou calquera outro soporte dixital ou impreso
- PRESENTACIÓN: Os traballos presentaranse enviando as fotos a: taboadelaou@gmail.com. Será necesario acompañar cada obra cun título do mesmo, nome do autor e formulario de contacto (teléfono, mail)
- PRAZO DE ADMISIÓN: O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o 30 de maio.
- PREMIOS:
- Primeiro premio: 200 euros e será a protagonista do calendario anual do Concello.
- Segundo premio 100 euros
- Terceiro premio 50 euros
- FALLO:
- Unha PRIMEIRA FASE (do 1 ao 30 de xuño do 2026 as 23:59 H) onde se seleccionará mediante votación popular na páxina de Facebook de Taboadela as 10 fotografías máis votadas, as cales avanzarán a unha segunda fase. O proceso será o seguinte: todas as fotografías recibidas ata o 30 de maio serán exhibidas durante o mes de xuño. As 10 máis votadas durante ese período pasarán á segunda fase.
- SEGUNDA FASE: O xurado elixirá os gañadores e os finalistas entre as 10 fotografia con máis votos populares. Esta votación terá lugar durante o mes de xullo. Cada un das tres persoas que formen parte do xurado terá a posibilidade de rescatar unha fotografía que se sumará as 10 mais votadas, para a decisión final. A decisión do xurado terá lugar en xullo de 2023 e será comunicada expresamente aos gañadores.
- O XURADO: O xurado, formado por tres persoas, valorará a calidade técnica das obras, a composición, o tratamento da luz e os volumens na realización das fotografías, a calidade plástica das mesmas, as técnicas empregadas, así como calquera outra valoración que estimen oportuna.
- CESION DE DEREITOS DE DIVULGACIÓN: O feito de participar no certame implica que os autores cedan de forma exclusiva ao Concello de Taboadela os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública das obras. Esta cesión realízase exclusivamente para fins divulgativos, culturais e promocionais relacionados co concurso (como exposicións, edición de catálogos, publicacións en redes sociais ou cartelería publicitaria de futuras edicións), citando sempre o nome do autor/a e sen que dita utilización xere contraprestación económica ningunha.
- ACEPTACIÓN DAS BASES: A participación neste concurso supón a plena aceptación de todas e cada unha destas bases e a decisión final do xurado.
- EXPOSICION: As 10 obras mellor valoradas polo xurado serán obxeto dunha exposición en calquera dos espazos expositivos do Concello de Taboadela, mencionarase nos créditos a autoría das fotografías.
- ENTREGA DE PREMIOS: O acto de entrega dos premios ás fotografías gañadoras será comunicada de maneira personal aos seus autores e acordarase con eles o acto de entrega, a data e o lugar elexido.
- PROTECCIÓN DE DATOS: Os participantes nesta edición autorizan o tratamento dos seus datos persoais entregados coa inscrición no Concurso, os cales serán usados coa finalidade do desenvolvemento da súa participación no Concurso, e indicar a autoría da obras posteriormente.
- DEREITO DE EXCLUSIÓN: A organización do concurso resérvase o dereito de descartar e excluir do Concurso determinadas obras:
- Cando non se axusten á temática exposta e/o a uns criterios de calidade técnica mínimos.
- Cando fosen presentadas neste ou outros concursos ou certames
- Cando se inscriban con datos falsos ou haxa indicios que razoablemente puidesen levar a pensar que os datos son falsos.
- Cando as fotografías conteñan elementos que poidan considerarse contrarios aos dereitos fundamentais e as liberdades públicas, ou induzan, inciten ou promovan actuacións delituosas, denigratorias, violentas ou, en xeral, contrarias á lei, á moral e bos costumes xeralmente aceptadas, ou á orde pública, isto inclúe cando inclúan fotografías de nenos, nenas e adolescentes sen a debida autorización dos seus representantes legais (pais ou coidadores), ou incluan a imaxe propia de persoas que non autorizaron o seu uso para efectos do concurso.
- Cando se atopen protexidas por calquera dereitos de propiedade intelectual ou industrial pertencentes a terceiros, ou sexan contrarias ao dereito á honra, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas.
- Cando poida constituír publicidade ou se incorpore no seu formato dixital virus ou outros elementos que poidan danar o normal funcionamento da rede, do sistema ou de equipos informáticos.
- Cando aparezan menores de idade sen consentimento expreso.
- Cando se incumpran as presentes bases en calquera forma.
- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE: O Concello de Taboadela e organización do concurso queda exonerado, non facéndose responsable respecto do incumprimento do participante de calquera garantía en materia de dereitos de propiedade intelectual, industrial ou de imaxe, así como de calquera responsabilidade que puidese derivar do incumprimento ou cumprimento defectuoso polos participantes no Concurso das presentes Bases. Os participantes comprométense a manter indemne ao Fondo de Cultura de calquera responsabilidade que se derive pola reclamación de terceiro con ocasión do uso, reprodución, distribución, comunicación ou calquera acto de disposición de dereitos sobre a foto do concursante.
Calquera aspecto non contemplado nestas Bases poderá ser resolvido pola organización ou os membros do xurado. As fotografías serán tratadas con coidado e respecto, pero declínase calquera responsabilidade durante o depósito e manipulación das obras.
OBSERVACIÓNS: Os autores responsabilízanse da autoría e orixinalidade das obras presentadas, así como de que non existan dereitos de terceiros sobre as mesmas, e de calquera reclamación que por dereitos de imaxe puidese formularse. O feito de participar implica a aceptación integra das presentes Bases. O contido destas Bases pode estar suxeito a modificacións, que en tal caso publicaríanse coa suficiente antelación.

Comentarios
Publicar un comentario