A TELLEIRA CELEBRA 100 ANOS
O vindeiro 28 de xuño, os veciños da Telleira celebran un encontro para conmemorar os cen anos da aldea. A súa historia está vencellada á dun galego emigrado aos Estados Unidos que retornou para “facer país” e crear, nada menos, que a propia aldea. Isolina Santos y José María Blanco, vecinos de A Telleira ante la antigua fábrica de su abuelo. Corría o ano 1925 e un mozo chamado José María Santos Vilachá acababa de regresar dunha emigración ás Américas. Casou, tivo sete fillos e puxo en marcha unha fábrica, serra e muíño, das que aínda hoxe se conservan as ruínas. “Comprou un xerador eléctrico para arrincar, colocou raís como os do tren para poder cortar a madeira… viña con todo moi claro”, conta José María Blanco, un dos seus netos, mentres paseamos pola aldea. El, e sobre todo a súa curmá Isolina Santos, representan a memoria viva dun lugar que naceu nun cruce de camiños. “Antes a isto chamábanlle a máquina, precisamente pola fábrica. O nome de A Telleira veu porque, polo visto, antig...